|
O municipio de Salceda vai contar cun servizo de asesoramento xurídico para a igualdade en temas de violencia de xénero, planificación familiar e maternidade, separación e divorcio, autoemprego, dereitos e axudas para a conciliación da vida laboral e familiar.
Este servizo ponse en marcha a través da colaboración da Oficina de Igualdade e Benestar do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co Concello de Salceda. A encargada do servizo é Eva Latorre Porto, asesora xurídica do Equipo de Igualdade da Oficina I+B do Condado, Paradanta e parte da área metropolitana de Vigo.
Poden concertar cita a través do teléfono 986 33 26 84, que terá lugar na sede do Departamento de Servizos Sociais do Concello, na Oficina de I+B de O Porriño ou en lugar habilitado ao efecto.
|