Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

O eurodeputado do Partido Popular, Francisco Millán Mon, estará este martes en Salceda

por VM - 24/05/2009

O Partido Popular de Salceda de Caselas organiza, ao abeiro da campaña electoral ao Parlamento Europeo, unha charla-coloquio presidida polo eurodeputado galego Francisco Millán Mon. A cita terá lugar o vindeiro martes, 26 de maio, a partir das 20.45 horas no Centro Social Devesa, onde estará acompañado da presidenta e do vicepresidente da Xestora local, Emma Pereira e Santiago Rodríguez, respectivamente.

O obxectivo da xornada é explicar os diferentes puntos do programa electoral do Partido Popular e establecer un diálogo distendido con todos os salcedenses no que estes poidan formular as súas dúbidas e inquedanzas.

Previamente, arredor das 19.30 horas, o candidato ao Parlamento Europeo nas próximas eleccións do 7 de xuño, fará un pequeno recorrido polo centro da vila, acompañado dos concelleiros populares e dos diferentes membros da Xestora.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com