Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

Comezan a limpar a zona do río Caselas, en Salceda

por VM - 19/05/2009

Comezaron as obras de limpeza e desbroce do río Caselas, en concreto no tramo da parroquia salcedense de Entenza entre a Área Recreativa de "Agüin" e a do Manteiro. Estas obras teñen por finalidade preparar esa zona do río para a posterior execución da senda peonil que se vai a levar a cabo nese tramo, e que se enmarca dentro do convenio que no seu día firmaron o Concello de Salceda de Caselas e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, polo que a Consellería financiaba a totalidade do importe de esta actuación, que conta cun orzamento de 84.000 euros.

O concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Salceda, Enrique Cabaleiro, manifestou nun comunicado que, ademais da limpeza de esta zona do río Caselas ó seu paso por Entenza, tamén se vai a levar a cabo a limpeza do cauce de este mesmo río nos tramos que comprenden a parroquia de A Picoña e San Xurxo.

As citadas obras de limpeza e desbroce están a ser efectuadas pola Confederación Hidrográfica Miño–Sil tralo compromiso acadado polo presidente da Confederación, Francisco Fernández Liñares, o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o concelleiro de Medio Ambiente, Enrique Cabaleiro, tras unha reunión mantida na sede da Confederación en Ourense.

Segundo Enrique Cabaleiro, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil "nos comunicou que ese Organismo ademais da citada obra levará a cabo tamén no Concello de Salceda e dentro das obras do Plan "E" de fomento e estímulo do emprego do Goberno Central, se executarán tamén obras de limpeza e desbroce nos cauces do río Landres nas zonas de Parderrubias, Pedracarballa e Entenza e nos arroios da Fraga e San Xusto, ambos na Parroquia de Entenza. A totalidade do orzamento que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil vai a levar a cabo na limpeza dos citados cauces fluviais no Concello de Salceda de Caselas ascende a 124.457 euros.

 

 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com