|
Os veciños de Salceda poderán participar nun curso que pretende ensinalos a conducir eficientemente os seus vehículos, de maneira que ademais de aforrar ata un 15% de combustible estarán axudando tamén a reducir as emisións contaminantes ao medio ambiente. Esta iniciativa enmarcase dentro do Plan Acción 2008-2012 de Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética PAE4, subvencionado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).
O curso está dirixido a todas as persoas que teñan o carné de conducir clase b. É gratuíto e consta de dúas horas (teoría e práctica). As clases impartiranse no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón, nos seguintes horarios: 10.00 a 12.00, 12.00 a 14.00, 16.00 a 18.00 e 18.00 a 20.00 horas.
Para máis información e inscrición, chamar á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ao teléfono 986 34 90 03. |