| |  | | | | | O presidente e o director do Coro Polifónico de Entenza, Juan MartÃnez RodrÃguez e Javier Alonso Pérez, respectivamente, ilusionados cos proxectos do grupo para 2009. R.D. | | | |
Ilusionados. Así se atopan os representantes do Coro Polifónico de Entenza, de Salceda de Caselas, que gravarán este ano o seu primeiro traballo discográfico. Un cd que, segundo conta o director Javier Alonso Pérez, terá 16 cancións "onde buscamos recompilar os 11 anos do coro". A presentación oficial darase, previsiblemente, "porque intentaremos que coincidan as datas", durante as 'Festas do Cristo', no mes de xullo.
A gravación do cd xa ten data, 2-3 de maio, aínda que haberá que esperar ata mediados de xuño para escoitalo. "Serán 12 horas de gravación, é un traballo moi duro principalmente porque estamos falando de 40 persoas que non saben música e para min é un mérito tremendo; e dentro de ser un coro amateur é un punto importante gravar un disco", engade Alonso Pérez. Los alumnos están "emocionados", aínda que teñen "un pouco de medo porque son moitas horas de gravación".
Recordaranse, entre outros, temas do Certame Nacional de Avellana celebrado o ano pasado en Asturias, "no que gañamos o terceiro premio e do Concurso de Panxoliñas de Caixanova, que tivo lugar en decembro d0 2008 "e dos 120 coros que participaron, o de Entenza foi seleccionado entre os 10 para ir á Gala final".
O nome do disco aínda non está decidido e por iso a idea é organizar un concurso de ideas entre os propios coralistas. Iso si, tanto Javier Alonso Pérez, como o presidente do coro, Juan Martínez Rodríguez, destacan que a decisión de facer un cd xurde a raíz do crecemento do grupo "e por iso era necesario deixar patente ese crecemento". De todos modos, "é como poñer un punto e seguido en todo o que se fixo", porque ese disco pretende ser ademais un homenaxe a tódolos coralistas que pasaron polo grupo e os seus anteriores directores, Emma Arnau e Jesús Salomón.
Ademais do traballo que supón facer un cd, hai que ter en conta tamén os custes. Martínez Rodríguez indica que tanto a gravación como a maqueta "fano o técnico Pablo Barreiro da Radio Galega". En canto á edición do traballo discográfico dependerá das copias que se fagan (o obxectivo é facer de 1.000 a 1.500), "pero calculamos que nos poida custar preto de 3.000 euros". De acordo co presidente do Coro Polifónico de Entenza existe o "compromiso" do Concello de Salceda de financiar o 100% "a través da adquisición dos cd's e tamén intentaremos facer convenios coas Concellerías de Cultura dos Concellos de Tui, O Porriño e Salvaterra".
Outros proxectos
Outro proxecto que pretende levar a cabo este ano o Coro Polifónico de Entenza é a creación dun coro infantil "porque as experiencias que existen de coros infantís son moi positivas xa que os nenos aprenden a estar nun escenario e a convivir entre eles", sinala Alonso Pérez. De acordo co director deste grupo, "é unha idea que está moi madurada" e na que xa se comezou a dar os primeiros pasos, o ano pasado, "cando un grupo de seis rapaces, entre 5 a 12 anos, participaron cunha canción no Concurso de Panxoliñas de Caixanova".
Sen embargo, admiten que comezarán a traballar máis a fondo no proxecto despois da gravación do cd. Irase aos colexios onde se farán concertos didácticos "para que saiban para que sirve os coros e que deixen de pensar que un coro é só para os avós ou para cantar nas misas", manifesta Alonso Pérez. Aínda que estará centrado principalmente para os cativos de Salceda, "é unha iniciativa aberta a tódolos nenos que queiran participar", engade.
O Coro Polifónico de Entenza ten previsto realizar un novo intercambio con Asturias cara o verán, organizar a segunda edición do 'Festival Benéfico' en setembro, previsiblemente a favor de Aldeas Infantiles, e o 3º 'Festival de Outono en outubro, onde pensan contar coas actuacións dunha Coral de Asturias (Lugones) e de Madrid (Tiemes).
Aínda que este ano pretenden levar a cabo un máximo de 20 actuacións debido principalmente á gravación do cd -en 2008 fixeron 32 concertos-, tendo previsto conseguir participar no 'Festival de Habaneras' en Torreviejas (Alicante), de 23 a 30 de xullo. "É un festival de referencia en toda Europa a nivel de coral por iso será moi complicado entrar, pero senón o intentamos...", confirma Alonso Pérez.
Un director que asegura estar "moi orgulloso" da implicación dos coralistas "que nunca se queixan e sempre aportan ideas" e da colaboración da directiva. A pesar de estar satisfeito co apoio recibido de parte de entidades como Deputación, Concello, Comunidade de Montes e socios colaboradores, Alonso Pérez espera que "sigan colaborando todavía máis porque estamos levando o nome do municipio por todas partes e ademais facémolo coa maior dignidade posible".
|