Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salceda de Caselas

Preto de 100 persoas participaron nos cursos de manipulador de alimentos organizados en Salceda

por Vm - 20/11/2008

Preto de 100 persoas participaron a pasada fin de semana polo Centro de Desenvolvemento Local do Torrón no Concello de Salceda de Caselas, para realizar dous cursos de manipulador de alimentos organizados desde a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), dependente da Concellaría de Benestar Social, Voluntariado, Igualdade e Sanidade.

Os cursos foron impartidos polo departamento de formación da empresa de servizos integrais sanitarios SISCOP, con sede en Soutomaior. "O certificado en manipulación de alimentos que entregarán é o que esixe a Consellería de Sanidade para traballar en calquera rama relacionada coa alimentación e a hostalaría", indica a alcaldía nun comunicado.

Os cursos tiveron unha duración de tres horas cada un e o prezo subvencionado polo concello foi de 12 euros por participante. "Debido a grande demanda, e a que quedou xente en lista de espera", informa a alcaldía, a OMIC ten pensado organizar dous novos cursos a principios do vindeiro 2009.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Salceda de Caselas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 85 votos
¿Cre que é positivo manter a ilusión dos cativos galegos, con 'tantos' agasallos dos reis, nestes tempos de crise?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com