Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salceda de Caselas

A Asociación Treze Catorze retira máis de 120 quilos de lixo do río Caselas

por Vm - 10/10/2008
O lixo recollido alcanzou os 120 quilogramos. REMITIDA

A A.C.D.E. Treze Catorze, en colaboración con Adega e o Proxecto Ríos, levou a cabo a pasada fin de semana unha limpeza do río Caselas. A actividade organizouse en dous grupos: un limpou un tramo do río ao seu paso por Picoña, San Xurxo e Santa María (Salceda de Caselas), e o outro ao seu paso por Cabreira (Salvaterra de Miño).

A xornada de limpeza contou coa participación de case vinte voluntarios que destacaron a cantidade de lixo atopado, dende un colector ata cazolas, neumáticos, sillas, plásticos, sacos, roupa, etc. "O resultado foi satisfactorio pois a cantidade total de lixo recollido superaba os 120 kilos".

Un dos problemas máis salientables que sofren os ríos galegos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras, por iso "dende esta asociación queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde".

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salceda de Caselas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 130 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com