|
|
O colectivo ecolóxista solicitou por escrito a conservación da biodiversidade do entorno do rÃo Fondón, a retirada dos Residuos Sólidos Unbáns pVerdegaia solicita que se tomen as medidas de protección necesarias no rÃo Fondón |
|
|
| por Vm - 30/08/2008 | | |  | | | | | Entorno do rÃo Fondón. J.C. | | | |
O colectivo Verdegaia presentou un escrito dirixido a concellería de Medio Ambiente do concello de Redondela, no que solicita unha serie de actuacións para conservar e por en valor o entorno do río Fondón, que segundo este colectivo posúe unha "enorme e valiosa biodiversidade ó mesmo tempo que sofre múltiples e diferentes impactos debidos á presión antrópica".
Esta asociación participou no roteiro realizado pola AA.VV de Chapela o pasado mes de xullo, no que puido constatar a riqueza do entorno e os problemas que sufre este curso fluvial e o seu entorno. Os membros de Verdegaia puideron distinguir especies de elevado valor ecolóxico como a "saramaganta (Chioglossa lusitanica), especie endémica de anfibio incluída no Anexo II da Directiva 92/43/CEE, Directiva Hábitats, ou un grande número de especies de fentos do xénero Dryopteris que están aínda sen identificar"
No ducumento presentado por Verdegaia solicítanse os seguintes puntos:
_Que o Concello de Redondela valore e faga todo o posible para conservar a elevada riqueza natural que posúe o río Fondón.
_Que se leve a cabo a recuperación dos muiños tradicionais do río Fondón.
_Que se manteñan abertos os camiños que discorren pola ribeira do río mais que os desbroces que se realicen nas beiras do río sexan levados a cabo tendo en conta o elevado valor ambiental que posúen as comunidades vexetais do río Fondón, constituíndo unha grave irresponsabilidade calquera tipo de desbroce que poña en perigo a súa supervivencia e calquera.
_Que non se vercan os restos dos desbroces no río nin nas súas beiras.
_Que se cumpla a lexislación vixente no tocante ás explotacións forestais existentes no río Fondón respetando as ribeiras fluviais e sen empregar maquinaria pesada no leito do río.
_Que se cumpla a lexislación vixente en todas e cada unha das levadas de auga que hai no río.
_Que se realicen limpezas periódicas de R.S.U. no río e na súa ribeira.
_Que se retiren os R.S.U. dos camiños que transcorren polo río Fondón. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 134 votos ¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?
|
|
|
|
|