Inicio > Ayuntamientos > Redondela
As obras do Eixo Atlántico en San Esteban conlevan o soterramento de miles de metros no entorno do río Maceiras e o inclumplimento reiterado da Decl

Destrucción de alta velocidade no Val do Maceiras

07/08/2008
 
As obras do Eixo Atlántico de Alta Velocidade exténdense por todo o val do Maceiras. J.C.

O problema está no ambiente, nótase nada máis pisar San Estevo de Negros, xa que é a principal conversa dos distintos veciños, está nas terrazas e nos bares, incluso nos saúdos pola rúa. Os problemas que producen as obras do Eixo Atántico de Alta Velocidade están provocando a indignación dos veciños, que cada día miran como se amplían os proxectos e se ocupan máis e máis terreos, nun proceso que parece no ter fin.

A zona máis perxudicada é o val do Maceiras, dende o barrio de Pregal (epicentro das obras) ata a límite con Saxamonde, onde está prevista que chegue a derradeira fase de expropiación temporal dos terreos. En total, cerca dun kilometro en liña recta de ocupación, con zonas que varían entre os 200 e os 500 metros de anchura, todos a partir da saída do túnel que unirá este val con Vigo, que na última proposta chegaba os 8 km. de longo.

Miles de metros, que chegan ata a beira do río Maceiras, límite natural de fincas e parcelas, e tamén, limite natural para os recheos e as expropiacións. Os propietarios afectados contanse por decenas, xa que na zona pódense atopar aproximadamente 150 parcelas distintas, algunhas delas co mesmo propietario. Agora, a preocupación fundamental dos veciños é saber se algún día poderán recuperar eses terreos, e na condición en que os atoparán, xa que, moitos temen que as expropiacións pasen a converterse en definitivas e a zona sexa recorvertida nun polígono industrial.

A Declaración de Impacto Medioambiental publicada o xoves, 14 de xullo do 2006, establece claramente que a zona do río Maceiras ten que ser excluida como zona de vertedeiro, xa que constitúe unha "zona de especial vulnerabilidade á contaminación", por constituír un dos "acuíferos detríticos porosos aluviales, deltaicos y costeros según el EIA" (Asociación Española de Avaliación de Impacto Medioambiental)".

As actuacións no Val do Maceiras, distan moito da resolución de Impacto Medioambiental, xa que esta zona converteuse no principal vertedoiro de terras de todas as obras, que se están a realizar no concello de Redondela. Como apunta o estudio, son numerosos os canais de auga e manantiais que xurden neste val e que desembocan no río. Nun paseo pola zona pódense encontrar ata 8 regatos, algún deles que xa empezan a trasportar as terras das obras, e numerosos mananciais, que teñen o risco de ser sepultados polos metros de recheo que se incrementan cada día.

O documento elaborado polo Ministerio de Medioambiente tamén recolle que, con motivo de salvagardar a vexetación de ribeira do río Maceiras entre outros, as "pilas y los estribos de las obras de paso sobre éstos se situarán respecto a la vegetación de ribera a una distancia mínima de 5 m", cando por toda a beira do río Maceiras os 5 metros constitúen a distancia máxima, sendo a distancia normal de separación entre a rede e o río de 3 metros de lonxitude, acurtándose a dous metros ou menos en moitos lugares.

A Declaración de Impacto Medioambiental tamén obriga a colocar "barreras de retención de sedimentos, balsas de decantación, zanjas de infiltración u otros dispositivos análogos con objeto de evitar el arrastre de tierras a todos los cauces atravesados o próximos al trazado, en especial a los ríos Maceiras...". O longo de todo o seu curso por San Estevo (ó redor de 1.000 metros), o Maceiras carece de protección específica, salvo en 25 metros, onde foron colocados diversos empaques de palla a un metro do río.

Os veciños veñen soportando dende hai meses continuos ruidos, incluso nocturnos, que conlevaron diversas manifestacións, a entrada nas distintas fincas da zona sen recibir os interesados a notificación oficial, ou cortes de camiños veciñais, que aínda se producen na actualidade. Ademais os distintos habitante teñen que ver, como día a día, aumenta o numero de fincas marcadas coa xa famosa pintura azul que precede á maquinaria pesada. O pó presente en San Estevo de Negros anuncia 5 anos de obras continuas, para desesperación dos veciños, que asumen cunha mistura de resignación e rabia esta circunstacia.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com