Inicio > Ayuntamientos > Redondela
A secretaria do concello de Redondela trasladou este punto o alcalde, Xaime Rei, quen advertiu que "non volvería a tolerar sitaucións similare

O pleno de xullo non se retomou, xa que o seu aplazamento foi ilegal

31/07/2008
 
Salón de plenos vació mentres Rei discutía con varios veciños. J.C.

Este mañá viviuse no salón de plenos de Redondela un capítulo máis do despropósito comezado o pasado mércores, co aplazamento da sesión plenaria do mes de xullo. Cando chegaron os distintos concelleiros e o público interesado en seguilo debate, o alcalde, Xaime Rei, tivo que comunicarlle os distintos voceiros que o pleno non se podía retomar, xa que o aprazamento realizado o día anterior carecía de legalidade.

Rei manifestoulle os distintos grupos, o público asistente e os medios de comunicación, que dende a secretaría do concello indicáronlle que o aprazamento realizado era ilegal, e polo tanto, o pleno quedaba definitivamente suspendido. Isto provocou a inmediata reacción do grupo popular que acusou a Rei de "incompetencia", xa que "tras tantos anos no goberno municipal, aínda non coñece a normativa”.

No momento do "falso" aprazamento do pleno, quedaban por debatirse 5 mocións presentadas polo grupo popular, que, tamén tiñan a intención de formular diversas preguntas e rogos. Por todo isto, o PP considera que Rei non ten interese en "debatir as mocións e propostas do PP e, máis concretamente, a que levabamos onte a pleno sobre a comisión de seguemento para as obras do AVE".

Rei asegurou que esta moción sería rexeitada, porque xa existe unha comisión creada a través da Federación de AA.VV do municipio, extremo que foi ratificado por membros deste organismo. Esta comisión estará composta por un membro de cada partido político presente no concello, e polas asociacións representadas na federación veciñal. A comisión será para todas as parroquias do municipio onde se desenvolven obras do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

Advertencias de Rei

O alcalde redondelán, Xaime Rei, advertiu os diferentes manifestantes que provocaron a suspensión do pleno do mércores que "non volverei a permitir outras situación similar" xa que "ninguén voltará acudir ó pleno con aperos de labranza". Rei asegurou que "cobardes son eles" (polos gritos dirixidos contra o alcalde), xa que segundo o alcalde "respaldanse na multitude para facer estes actos, aproveitándose da permisividade do concello". Isto débese "a que non son capaces de ir protestar ante Fomento a Pontevedra, A Coruña ou Madrid" afirmou Rei.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com