Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
A sesión retomárase este xoves a partires das 9:00 da mañá

As protestas veciñais en Redondela provocan o aprazamento do pleno de xullo

por Jorge Castro - 31/07/2008
Os veciños provocaron o aprazamento do pleno do mes de xullo. J.C.

Os veciños de O Viso e San Esteban, conxuntamente con membros da Plataforma en contra da autovía monopolizaron o protagonismo da sesión plenaria deste mércores, que tivo que ser aplazada os poucos minutos do seu comezo. Os diversos ruidos, cánticos e gritos dos asistententes en contra da Conexión da A-57 con Peinador e das obras do AVE, non permitían o desenvolvemento do pleno, que só puido celebrarse con normalidade durante 5 minutos.

As protestas veciñais comenzaron no exterior da casa consistorial, xa que os veciños da parroquia de O Viso e membros da Plataforma en contra da autovía, chegaron o concello con numerosos aparellos de labranza, varios espantallos, productos da horta e incluso varios animais vivos como galiñas e un coello negro. A intención desta iniciativa consitía en reivindicar o rural de Redondela, o máis afectado pola Conexión da A-57 con Peinador.

O pleno municipal comezou no seu horario habitual, a partires das 20.30 da tarde, sendo aprobadas os puntos da orde do día sen interrupción, e tamén a moción presentada polo BNG, en contra da directiva europea, que ampliaba 60 horas semanais a xornada laboral. No trascurso dun pequeno debate sobre esta moción comezaron os ruidos e os gritos por parte do público asistente, que pouco a pouco, abarrotaba o salón de plenos.

O alcalde, Xaime Rei, decidiu suspender durante un cuarto de hora o pleno, para recuperar a normalidade, e tras ser chamado "cobarde" polo público asistente, reuniu os portavoces dos diversos grupos, para despois regresar o salón de plenos. No seu regreso, o alcalde redondelán advertiu os asistentes que de non gardar silencio, aplazaríase o pleno ata "mañá as nove da máñá".

Tras varios intentos, e unha pequena discusión con algún membro do público, Rei aplazou de forma definitiva o pleno, xa que as súa realización era inviable polos ruidos feitos polo distintos público asistente, que na saída dos concelleiros pronunciaron diversos cánticos contrarios a obras do tren de alta velocidade, e da Conexión da A-57 con Peinador, ademais doutros como "o pobo unido xamais será vencido" ou, "mañá as nove volvemos outra vez".

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (9 Votos)
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección de VigoMetropolitano indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen


Acepto que VigoMetropolitano me envíe al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Publicidad
Asesoria de Empresas
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 41 votos
¿Cree justificada la moción de censura del concello de Gondomar para apartar a Araúxo (BNG) del gobierno del municipio?










Publicidad
Onda Cero - balones y fogones
Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios
   
Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com