|  | | | | | Un accidente na N-550 provocou dous feridos. J.C. | | | |
Unha colisión na N-550 provocou dous heridos leves, que foron trasladados as dependencias hospitalarias, o hospital de Fátima, tras ser recoñecidos no centro de saúde de Redondela. Os implicados foron dous mozos de entre 20 e 30 anos de idade, que viaxaban sen acompañantes nun Seat Ibiza negro e nun AX branco. Como consecuencia do impacto sufriron danos por alcance outros dous vehículos que estaban estacionados nas inmediacións.
O conductor do Seat Ibiza negro de matrícula PO-2425-BG, respondía o nome de Nando con iniciais S.B.T, que circulaba en dirección Pontevedra, cando impactou cun AX branco conducido por M.G.T, veciño da localidade, que se dispoñía a cruzar a calzada para dirixirse a casa da súa nai, situada a poucos metros do lugar do sinistro, segundo indicaron testigos presencias. Como resultado da manobra producíuse un impacto fronto-lateral con importantes danos nos dous vehículos.
Os feridos serían trasladados as dependencias hospitalarias, o conductor do primeiro coche, S.B.T, sufría diversos golpes no nariz, ademáis se serlle posto un collerín, segundo explicaron varios testigos. Mentres que o outro afectado, M.G.T, sufriu diversos traumatismos e contusións, destacando un golpe no peito, como explicou o seu propio pai presente no lugar dos feitos.
Como resultado do impacto foron alcanzados dous vehículos que sufrían diversos danos materiais de diversa consideración, o primeiro deles un Peugeot 206 con matrícula 9472-CHW pertencente a empresa Disfrigo Catering, con varios golpes na parte traseira e un BMW vermello (6413CCX), que foi alcanzado por varias pezas que se desprederon do impacto principal, e que se encontraba nas inmediacións.
Punto perigoso
Segundo explicou unha veciña presente na lugar dos feitos, o punto do sinistro trátase dun lugar especialmente conflictivo, no que se producen "numerosos accidentes" e no que sería convinte a realización "dunha isleta" entre os dous carrís principais da calzada, para facilitar os cruces dos vehículos, que procedendo de Pontevedra, teñen que cruzar o carril contrario. O punto localízase na N-550 a menos dun km da zona urbana de Redondela, na zona coñecida como A Pantalla. Nas inmediacións encontrase o coñecido restaurante Illa de San Simón. |