Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
O acto celebrárase este domingo a partires das 10;30 da mañá. A xornada finalizará cunha comida campestre no entorno do Monte Penide

A Asociación de Veciños de Chapela organiza unha marcha polo entorno do río Fondón

por Jorge Castro - 04/07/2008
O río Fondón é un dos lugares máis atractivos do concello de Redondela.

A AA.VV de Chapela organiza este fin de semana unha marcha polo entorno do Río Fondón que dará comezo as 10.30 da mañá nas inmedacións do local da Asociación de Veciños, situada na barrio da Igrexa 65, a poucos metros do pavillón de deportes da localidade. Trátase da terceira marcha polo río organizada por esta asociación, que na pasada edición serviu para a realización dun certame fotográfico. 

Para o ano 2008 a asociación veciñal ten a intención de visitar un muiño que se encontra nas inmediacións, e que aínda se encontra en funcionamento (posiblemente o último da parroquia). Na visita tamén se darán a coñecer os aspectos máis interesantes da biodiversidade da zona, para este aspecto contase coa colaboración da asociación Verdegaia.

O remate da xornada está previsto que se realice mediante unha comida de campo, na que os participantes poderán levar a súa propia comida ou dispoñer dun catering contratado pola propia Asociación de Veciños de Chapela, previo pago dunha cuota. Este comida celebrárase no entorno do Monte Penide, concretamente na área recreativa de Poza Lágoa, na que existen numerosas mesas de pedra.

Valores ambientais

O grupo veciñal de Chapela leva anos reclamando a creación dunha zona protexida no río Fondón, que sexa acompañada dun sendeiro, para que poida ser visitado de maneira cómoda. O entorno deste río destaca pola súa frondosidade no que se poden encontrar numerosa vexetación de alto valor ecolóxico como salgueiros, bidueiros e algún castiñeiro, ademáis das propias fervezas formadas polo propio curso fluvial. No borrador do PXOM de Redondela parte do entorno deste río está na zona de influencia dun convenio urbanístico, carecendo de ningún tipo de protección específica no propio plan.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com