Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
A planta, situada na parroquia de Vilar de Infesta, carece de licencia de apertura tras ser anulada polo Consello Consultivo de Galicia, tras varias s

O concello de Redondela paraliza a actividade de JCA Hormigones

por Jorge Castro - 03/07/2008

O concello de Redondela veuse obrigado a paralizar a actividade da empresa JCH Hormigones, situada no barrio de Vilar de Infesta, tras a resolución do Consello Consultivo de Galicia, que obriga a retomar o preceso de outorgamento de licencia de apertura, tras declarar a "nulidade da licenza de apertura outorgada polo Concello de Redondela á empresa H., SL (JCA Hormigones), en data 21.12.1998".

O procedemento xudicial comezou no ano 2002 cando "J. M. C. C. interpón acción de nulidade ao abeiro do artigo 102 da Lei 30/1992", contra o citado acordo do grupo de goberno. Posteriormente, no ano 2004, o tribunal do número 1 do Contencioso-Adminstrativo de Vigo dictou sentencia "parcialmente a favor do demandante", na que se establecía que o concello de Redondela debería proceder "a revisión de oficio de la licencia de actividade", adeamais de remitir o expediente o Consello Consultivo de Galicia.

A empresa de fabricación de formigóns afectada, decide interpoñer un recurso ante a sentecia do xulgado de Vigo, sendo fallado no ano 2007 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no que se "desestima o recurso de apelación interposto". Como consecuencia, o expediente é remitido de forma definitiva o Consello Consultivo, que dictou a sentenza definitiva neste ano 2008.

Este dictame da administración galega é extremadamente dura coa actuación do concello de Redondela xa que asegura que se cometeu "unha clara e terminante infracción urbanística, pois o emprazamento do terreo non permitía a instalación dunha fábrica de tal natureza, cuestión que debeu ter sido en conta no momento de outorgarse a licenza de actividade, pois vicia de nulidade a mesma".

Outras irregularidades detectadas polo Consello Consultivo é a de asegurar que no momento de expedir a licencia a empresa carecía da autorización pertinente do Organismo de Conca, que non foi aportado ata o ano 2004, sendo un requisito básico para poder tramitar o permiso. De igual modo a administración galega, asegura que a licencia de obra debe ser posterior ou paralela a licencia de actividade, polo que a actuación do concello neste punto "foi cando menos, irregular".

Dictame final

Tendo en conta todos estos datos, o Consello Consultivo de Galicia resolveu da seguinte forma "sendo apreciábel o vicio de nulidade invocado cunha clara infracción urbanística, e á vista dos antecedentes dispoñibles, procede a declaración de nulidade da licenza de apertura outorgada polo Concello de Redondela á empresa H., SL, en data 21.12.1998, o que se determina con carácter preceptivo e vinculante". Por este motivo o concello de Redondela tivo que proceder a paralización da actividade de JCA Hormigones.

    
Sobre este artículo
5 / 5 (2 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com