Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
Dende o concello de Redondela aseguran que o proxecto será remodelado co obxetivo de adaptarse a subvención concedida, polo que a súa execución su

O plan de A Marisma recibe a aprobación dos fondos Feder nun 70%

por Jorge Castro - 02/07/2008
O paseo peonil ata Punta Socorro é un dos principais puntos do Plan da Marisma. JORGE CASTRO.

O proxecto de A Marisma foi aprobado para recibir os fondos da unión europea FEDER, ata nun 70% do orzamento solicitado, o que equivale a 2,1 millóns de euros, dos 3 millóns que lle solicitaba o concello de Redondela ó Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O montante total do proxecto ascendía a 4,3 millóns de euros, dos que 1,3 millóns serían aportados por Redondela.

O concello tiña contemplada a súa partida nos presupostos do 2008, que xa foron aprobados de xeito provisional, e no vindeiro mes será aprobado de maneira definitiva, coa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra. Tras a resolución europea, o concello ten a obriga de revisar o proxecto, para adaptalo as novas expectativas económicas, de xeito que sexa viable.

O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, indicou que nos próximos meses intentarán refacer o proxecto no concello, "co traballo dos técnicos municipais", pero que por agora "non temos coñecemento de cal vai ser o resultado final". O coñecido como "Plan da Marisma" era un dos principais proxectos da lexislatura, a pesares de levantar certa polémica nos meses pasados, cando foi presentado ós fondos FEDER, por intentar o goberno municipal que fora apoiado polas asociacións de veciños, sen que estás coñeceran o seu contido.

Actuacións do plan

O plan contempla varias actuacións o longo do concello, aínda que a actuación estelar sería modificación de todo o entorno do río Pexegueiro, incluido un paseo peonil que chegaría ata a zona coñecida de Punta Socorro na localidade de A Portela, xa na parroquia de Cedeira. Esta última actuación sería a máis costosa cun orzamento de aproximadamente 2 millóns de euros.

Outra actuación salientable do plan sería a rehabilitación do pavillón de Redondela, que conta con numerosas carencias, que estaría completado con varias actuacións urbanísticas nos arredores, como son completar a rede de saneamento, soterrar a línea de media tensión iluminar o entorno do río Pexegueiro e proceder a urbanización da parcela do Auditorio. Outras actuacións do plan son levar redes wifi os distintos centros sociais ou facer un estudio dos posibles aproveitamentos turísticos da Ensenada de San Simón.

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (2 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com