Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela

O grupo popular de Redondela solicita a reparación das fontes de Uñica en Chapela e A Barreira en Reboreda

por Jorge Castro - 01/07/2008
Fonte de Uñica en Chapela. REMITIDA

O grupo popular de Redondela, puxo de manifesto o estado de deterioro no que se encontran as fontes da "Progresiva", tamén coñecida como fonte de "Uñica" situada en Chapela, no barrio de Laredo, e a fonte pública de A Barreira, situada na parroquia de Reboreda no barrio de Santo Paio de Arriba. Os populares queren pedirlle o goberno municipal que proceda o arraxo destes dous elementos.

A fonte situada en Chapela, segundo comunicou o grupo popular, "atópase en pezas e amontoada no chan da calzada logo de sufrir a colisión dun camión". A peza, que ten como ano de construción en 1909, mantivo a súa composición orixinal de peche de sillería e soleira de pedra durante case un século, formando parte da paisaxe urbana do barrio de Laredo, en Chapela, todo este tempo.

Os populares sinalan que "pese ao indubidable carácter ornamental e tradicional de devandito elemento", desde que recibiu o impacto do citado camión, a "súa estrutura permanece abandonada no chan, deteriorándose. Ademais, ao haberse partido o tubo da auga, non deixa de verter pola súa banda superior". Desta forma, dende o PP redondelán considérase "inxustificable o estado de abandono e deterioración en que se atopa dita fonte" e solicítase "restablecer o uso público ao que estaba destinada, adoptando as medidas oportunas para evitar que, entre tanto, siga vertiendo auga de forma incesante".

Fonte de A Barreira

Noutra banda na parroquia de Reboreda encontranse os restos da fonte pública de A Barreira, en Santo Paio de Arriba. O grupo popular informa que "segundo parece, logo de sufrir algúns traballos, supostamente de reparación por parte do concello de Redondela, deixou de funcionar e leva meses sen auga". Esta situación provocou, "as queixas de varios veciños" o quedarse sen suministro de auga.

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (8 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com