A consellería de Medio Ambiente concedeu a Autorización Ambiental Integrada a empresa Aucosa dedicada a fabricación de fariñas e aceite de peixe e que está situada na localidade de Cabanas, dentro da parroquia de San Vicente de Trasmañó. A Xunta decidiu dar a autorización por un período de 5 anos, a pesar da oposición veciñal e do concello de Redondela.
A resolución da consellería de Medio Ambiente sinala que o prazo máximo da autorización estáblecese por 5 anos, trascurridos os cales debérase iniciar o proceso de novo. A propia resolución establece un sistema de control da actividade empresarial, dende a propiedade da empresa ata a súa actividade, e as instalacións requeridas. AUCOSA ten a obrigación de notificar todas as obras que realice na súa empresa, ademais de presentar anualmente, "a información precisa para a elaboración e actualización do rexistro europeo de emisións e transferencia de contaminantes" no momento en que sexa requirida pola administración.
A notificación recolle un listado das distintas administracións que foron requeridas para a realización dun informe sobre a actividade da fábrica, así como, todos os organismos que presentaron alegacións durante o prazo de exposición pública. O propio concello e todos os grupos políticos de Redondela persentaron alengacións (PSOE, BNG, PP, IU) salvo o Partido Galeguista. Ademais de presentar alegacións varias asociacións veciñais e a propuia Federación de AA.VV. de Redondela. Un total de 433 persoas individuais tamén presentaron alegacións o proxecto.
Recurso de alzada
A resolución da consellería de Medio Ambiente non agota os trámites administrativos, senón que, "podérase interpoñer recurso de alzada" no mes seguinta a publicación da resolución. A Plataforma en contra da Ensenada de San Simón, xa anunciou a presentación deste recurso. Durante o expediente o concello de Redondela posicionouse de forma contraria a concesión da Autorización Ambiental Integrada a AUCOSA, o considerar que este tipo de empresas poden ubicarse en lugares alonxados da costa e apartados da poboación, polo seu carácter contaminante e polas molestias que ocasiona os cidadáns. |