Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela

O pavillón de Redondela acollerá o vindeiro domingo un campeonato de taekwondo

por Vm - 27/06/2008
José Loren (Ximnasio Area-Vigo), Carlos González, concelleiro de Deportes, e Francisco Tilve (Ximnasio Do Yang-Redondela). REMITIDA.

O Pavillón Municipal de Redondela acollerá o vindeiro domingo, día 29, o “I Hipotrofeo Vila de Redondela de Taekwondo” organizado pola Asociación Deportiva Do Yang en colaboración coa concellería de Deportes, dirixida por Carlos González Fernández. O campionato, no que participarán uns douscentos nenos e nenas das categorías alevín, benxamín, infantil e cadete, dará comezo ás 10.00 horas e disputarase pola modalidade de combate técnico eliminatorio.

No combate enfrontarase un alumno de cada un dos ximnasios participantes -Do Yang, de Redondela, e Area, de Vigo- e valorarase a mellor execución técnica dos movementos proclamándose un gañador. O perdedor loitará polo segundo posto. As probas celebraranse de xeito simultáneo en catro tapices, segundo ás categorías dos participantes, nacidos todos eles entre os anos 1994 e 2004.

Ademais dos combates técnicos, os asistentes poderán disfrutar coas exhibicións de técnica, combate, acrobacias e rompementos a cargo dos grupos de exhibición dos dous ximnasios e dos mestres Francisco Tilve e José Loren. A entrada a este I Hipotrofeo Vila de Redondela de Taekwondo é de balde para todos os asistentes.

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com