|  | | | | | Cerimonia de entrega dos premios Lois Peña Novo | | | |
Os premios Lois Peña Novo correspondentes o ano 2008 recaeron no académico galego Xesús Ferro Ruibal, no xuíz Manuel Pereira Costa, titular do xulgado ocupado dos asuntos de violencia sobre as mulleres, e o concello ourensán de Vilar de Santos. No acto tamén se realizou unha homenaxe a figura de Fermín Bouza Brei, no que se lle entregou un recordo á súa filla, Isabel Bouza.
Ó acto acudiron diversas autoridades políticas de nivel autónomico, como Marisol López, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e o vicepresidente da Diputación provincial, José Juan Durán Hermida, ademais dos políticos da comarca, como o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o alcalde de Redondela, Xaime Rei. No acto estiveron presentes numerosos concelleiros de ambos concellos, como a voceira popular, Francisca Canal.
A entrega dos premios estivo marcada polos discursos dos premiados e dos distintos cargos políticos, e estivo amenizada pola música do cuarteto Caramuxo. "Débolle todo á lingua galega, dende a propia capacidade para expesar as cousas que me pasan pola cabeza", apuntou Xesús Ferro Ruibal. O académico galego asegurou que "a lingua galega é máis antiga que a constitución ou a propia España", ademais de afirmar que está a sufrir "unha ofensiva mediática da aristocracia da lingua española, apoiada nos medios de comunicación". A pesar disto, "a lingua galega está viva, moi viva".
O segundo en intervir foi Manuel Pereira Costas, que asegurou que "simplemente fixen o meu traballo diario en galego" e que isto só "é unha decisión normal" polo que asegurou que "o premio é moi superior ós meus méritos persoais". Por estes motivos asegurou que recibiu o premio "dende o agradecemento e a humildade". Por último, o alcalde de Vilar de Santos, Xoan Jalón Pedras, recolleu o premio otorgado ó seu concello, destacando que se trataba dun recoñecemento que se iniciu co primeiro alcalde do municipio, tras as eleccións do ano 1979, xa que "nese momento se comezou o proceso normalizador da lingua", afirmando que este tipo de recoñecementos supoñen un impulso para continuar "coa revalorización do patrimonio etnográfico e cultural do concello".
Recordo a Fermín Bouza Brei
Os premios Lois Peña Novo tamén fixeron un recordatorio da figura de Fermín Bouza Brei, mediante a proxección dun documental sobre a súa traxectoria vital, ademais de entregar un exemplar firmado á súa filla Isabel Bouza. Na peza audiovisual recordouse a vida de Bouza Brei, dende os seus inicios no Seminario de Estudos Galegos, no que publicou múltiples traballos de investigación, e as súas primeiras obras literarias. Recordouse a súa etapa de xuíz e tamén a etapa máis escura do franquismo, na que foi perseguido polo réxime, ata ser retirado da carreira xudicial. |