Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
As mocións presentadas polo grupo popular foron descartadas nun tenso debate, no que diversas persoas do público interviron en numerosas ocasións

O pleno de Redondela aproba a modificación do regulamento de recollida de residuos sólidos

por Jorge Castro - 26/06/2008
O pleno modificou con a ordenanza de recollida do lixo.

O pleno do concello de Redondela deu luz verde ó cambio da Ordenanza Municipal reguladora da Xestión e tratamentos de Residuos Sólidos Urbanos, Limpeza de Espazos Públicos e Salubridade, mediante a cal se establece a obrigatoriedade de facer a recollida selectiva de residuos para todas aquelas persoas que lles sexa posible, nun horario de 21.00 a 23.00 horas.

Se ben, tras realizar o debate plenario, os diversos grupos decidiron ampliar o horario para sacar o lixo, que se iniciará unha hora antes, a partires das 20.00 horas, por petición do grupo popular, para facilitar a labor dos comercios redondeláns. Esta condición será incluida en vindeiras datas, xa que na xornada deste mércores se procedía a aprobación inicial da modificación do regulamento, iniciándose o período de exposición pública da normativa. O PSOE, BNG e PP votaron a favor da normativa mentres que o PG se posicionou en contra.

En canto as mocións presentadas polo grupo popular, todas elas foron rexeitadas polo grupo de goberno. En canto a creación dunha comisión para intentar solucionar os problemas de actos vandálicos no concello, os grupos do goberno aseguraron que "unha comisión non resolvería nada neste tema", para votar en contra desta iniciativa. Cando finalizou o debate neste punto o alcalde designou o concelleiro do PP, Miguel Ángel Álvarez, "como responsable" do tema, o que lle contestou o voceiro popular se "lle teño que pedir un soldo".

O tema máis polémico do día foi a moción presentada polo grupo popular na que se solicitaban varios cambios na reglamentación de participación veciñal nos plenos. Os dous puntos da moción foron descartados, xa que tanto PSOE como BNG consideran que xa existen os cauces adecuados de participación nos diversos plenos, e que, "as asociacións que non participaron nos plenos foi porque non se cumprían as condicións", afirmou Emilio González, voceiro do PSOE.

O debate neste punto quentouse por momentos, ó intentar misturar o voceiro do grupo socialista a moción presentada en Redondela con outras actuacións do grupo popular en diversos concellos, obtendo a resposta do concelleiro do grupo popular, Alberto Pazos, na que asegurou que era un cambio da normativa en Redondela, e que a presentaba como concelleiro de Redondela porque "e donde teño que traballar". Esta resposta foi aplaudida polo diverso público asistente.

Participación veciñal

Ó redor dunha treintena de persoas acudiron ó salón de plenos de Redondela, entre os que se encontraban veciños de O Viso, afectados pola Conexión da A-57 con Peinador e membros da Plataforma en contra da autovía, que mantiveron unha importante discusión cos varios concelleiros do grupo socialista, e co alcalde Xaime Rei o rematar o pleno municipal. Ademais varios membros do público participaron de forma activa no pleno, provocando diversas interrupcións e aplaudindo algunhas intervencións, sobre todo, no punto referente a participación nos plenos.

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (7 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com