Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
A renovación da normativa de recollida de residuos sólidos será aprobada este mércores no pleno do mes de xuño. Pola súa banda, o grupo popular

O concello de Redondela declarará obrigatoria a separación de residuos para os cidadáns

por Jorge Castro - 25/06/2008
O PP presenta unha moción para abrir a sesión de control os asistentes o pleno.

No pleno do mes de xuño presentáranse varios puntos no orde do día que poderán levantar polémica e repercusión tanto no pleno como nos vindeiros días. O aspecto máis destacable será a modificación da Ordenanza Municipal reguladora da Xestión e tratamentos de Residuos Sólidos Urbanos, Limpeza de Espazos Públicos e Salubridade. O principal cambio é o punto polo cal se fará obrigatoria a realización da recollida selectiva de residuos para todas aquelas persoas que sexa posible.

Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente do concello de Redondela, Carlos Pazos, trátase dunha "actualización da normativa", debido a que non se renovou nos últimos nos, e na actualidade cos medios que existen "non é lóxico que non se realice a separación, xa que hai moita xente que aínda non realiza a separación e non é normal", explicou Pazos, que matizou que a norma afectaría a aquelas persoas que teñen os contedores a menos de 100 metros de distancia.

O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, explicou que a normativa tamén recolle a posibilidade de poñer sancións económicas divididas en leves, graves e moi graves a partir dos 700 euros, pero, recoñeceu que este non é obxetivo, senón que o que pretende a norma é "que se realice a recollida selectiva e se cumpla a nova normativa", ademáis de recoñecer que o control de todos os habitantes do municipio sería extremadamente díficil.

Mocións do PP

Pola súa banda, o grupo popular de Redondela, presentará dúas mocións, unha delas terá como misión modificar o regulamento de funcionamento do pleno para incrementar a participación dos veciños. Os cambios que se intentarán introducir será cambiar a posibilidade de que os asistentes o pleno poidan participar mediante cuestións na sesión de control, por obrigación, e retirar o requerimento de que asociacións soliciten participar no pleno teñan que participar no expediente da cuestión a valorar.

Ata o de agora, o alcalde redondelán tiña a opción de abrir a sesión de control os asistentes para que puideran realizar as preguntas que considerasen oportunas, o grupo popular quere que está condición sexa obrigatoria e se realice en todos os plenos. O PP tamén presentará outra moción para que se cree unha comisión co obxeto de abordar os problemas de vandalismo nos distintos puntos de Redondela. Pola súa banda o Plataforma anunciou a súa participación no pleno, mediante mensaxes de móbil, no que se anuncia "diversión asegurada".

    
Sobre este artículo
3 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com