|  | | | | | Fogueira realizada no cumio de A Peneda. | | | |
"Díxolle Napoleón Bonaparte ás tropas desprazadas na súa campaña exipcia que, dendo o alto das pirámides, corenta séculos da historia os estaban a contemplar"... Así comezou a invocación realizada na Festa dos Fachos, a noite do pasado sábado, para continuar afirmando que "no Alto de A Peneda ben poderíamos rirnos daquela arenga, porque a histoira que aquí nos contempla remóntase á altura insondable da idade de pedra e a cultura castrexa".
Este comezo, probablemente sexa un dos máis apropiados para presentar a montaña cónica de A Peneda, que nunha nova edición, e xa son XI as realizadas, anticipouse San Xóan para rendir culto os espíritus e realizar a escalada o monte cun facho que daba luz a noite. O ritual acudiron máis de medio centenar de persoas, que se viron envoltas por unha néboa espesa que oscureceu a noite, tinguindo o ambiente dunha escuridade especial.
A invocacción realizou unha proclama en favor de A Peneda, dende o realce da súa historia, recordando batallas irmandiñas e capelas históricas, ata os perigos que pesan sobre ela na actualidade, perigo, en forma da alternativa número 5 da autovía de Conexión da A-57 con Peinador, que pasará pola parte baixa do monte, onde está previsto que se destine unha zona como depósito de terras sobrantes.
A néboa marcou a noite, facendo un pouco máis misteriosa e oscura a xornada, e envolvendo as fogueira dunha luz especial, fogueira para espantar espíritus e sacar os males fóra do corpo. A esta labor tamén contribuíu a queimada purificadora, que acompañada de rosquillas puideron beber os presentes, que desta forma alegraron un pouco o corpo. Aínda que anteriormente unha peza de títeres, realizada polos membros da Plataforma en contra da autovía, tamén provocou máis dunha risotada.
A música tamén tivo o seu protagonismo para rematar a festa, que se extendeu ata pasadas as tres da mañá, mentres, pouco a pouco, se iban rematando as rosquillas e os múltiples litros de queimada, nunha noite de sábado na que a néboa fixo especial o regreso, para o que moitos dos asistentes tiveron que voltar a prendelo facho, xa que as nubes procedentes do mar cubrían a ladeira da montaña reducindo o máximo a visibilidade. |