Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
Os participantes ascenderan o monte de A Peneda portando un "facho" de lume, para terminar realizando unha fogueira no seu cumio

Este sábado celébrase a Festa dos Fachos

por Jorge Castro - 21/06/2008
O monte de A Peneda lucirá a noite deste sábado unha cor especial, xa que está prevista a celebración da Festa dos Fachos, nas que centos de veciños o monte portanto unha antorcha de lume, para rematar o chegar o seu cumio e realizar unha fogueira, tras a cal se realiza o rito ancestral da elaboración da queimada, para "purificar" todos os males arrastrados durante o ano.

Esta celebración está organizada por diversas asociacións culturarais de Redondela e Soutomaior, entre a que destaca o colectivo Alén Nós de Redondela. Entre as entidades colaboradoras do evento están o concello de Redondela e o concello de Soutomaior, así como, varios establecementos comerciais da zona. A celebración chega a súa undécima edición, e está inspirada nas celebracións pagás, na que o lume tiña un papel protagonista nos actos de "purificación dos males", sempre entorno a xornada de San Xóan.

A programación deste ano incorpora unha pequena novidade, xa que diversos membros da Plataforma en contra da autovía realizarán unha representación de títeres, como xa realizaron durante o Festival de Títeres de Redondela. Ademáis, o manifestos leído nesta ocasión estará centrado nos destragos que a autovía causará no entorno de A Peneda, xa que a alternativa escollida para a Conexión da A-57 con Peinador, pasa polas faldas de este enclave histórico para o municipio de Redondela.

A ascención o monte ten previsto realÍzarse a partires das 23:30 horas da noite do sábado, coas antorchas prendidas, para realizar unha gran fogueira o chegar a cima do monte, onde se realizará unha gran queimada, ademáis de realizarse a representación de títeres e lerse o manifesto. Repartíranse varios centos de rosquillas e animárase a noite con música tradicional. O prezo das antorchas é de 2 euros, e estarán dispoñibles no inicio da subida.
    
Sobre este artículo
3.5 / 5 (3 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com