Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
A recentemente creada Federación de asociacións de furancheiros, na que está integrado o colectivo redondelán, decide comezar un calendario de mob

Os furancheiros enfróntanse a Xunta

por Jorge Castro - 20/06/2008
O decreto da Xunta mobiliza os diversos furancheiros.

O diversos colectivos de furancheiros do Sur de Galicia deciden unirse nunha federación provincial, co obxeto fundamental de loitar contra o decreto promulgado pola Xunta de Galicia na que se regula a súa actividade. A asociación redondelá está inmersa nesta federación de nova creación, formando parte da súa xunta directiva. O colectivo, reunido este xoves, xa ten decidido comezar un calendario de mobilizacións, dirixido, especialmente, os membros do goberno galego.

Segundo explicou o presidente da Asociación de de Furancheiros de Redondela, Juaquín López, todas as asociacións mostranse contrarias o decreto promulgado pola Xunta, que non recolle ningunha das súas peticións. Por este motivo, xa dende está semana "comenzamos as mobilizacións estando presentes con pancartas nunha visita que ten Quintana a Sanxenxo", e "a medida que pasen os días iremos perfilando novas protestas" asegurou Joaquín López.

Os principais puntos que rexeitan os colectivos de furancheiros son a prohibición de quentar os alimentos nos furanchos "nós non pedimos trasformación, nin elaboración, pero sí, que nos deixen quentar uns pimentos ou facer unhas patacas" porque o decreto non permite facelo. López apunta que "o decreto está dirixido a regular a actividade de diversas bodegas do Salnés e outros lugares, nos que incluso organizan bodas e mariscadas mediante catering".

Outro dos puntos máis criticados polo presidente da asociación redondelá é a obriga de constítuirse como autónomos, "obrigando a familias a darse de alta como empresa", para poder acadar o permiso de apertura. Méndez afirma que "todo son obrigas, pero non temos ningún dereito", xa que "temos que facer todos os trámites coma un bar", sen embargo, "a nós limítannos moitísimo a nosa actividade".

Trato da administración

O colectivo de furancheiros mostrouse moi desgustado polo trato dispensado polo distintos políticos autonómicos, xa que durante o último ano tiveron máis dunha decena de reunións con diversos cargos do goberno galego, sen acadar ningún resultado. Como explicou o presidente dos furancheiros de Redondela, Juaquín López, "non cumpriron ningunha das promesas que nos fixeron". A federación de furancheiros de recente creación está formada por colectivos de Marín, Sanxenxo, Vilaboa, Cangas, Moaña, Redondela e Meaño.

    
Sobre este artículo
1 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com