Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
A primeira das obras consta de dous kilómetros de tuberías que alcanzarán a 40 acometidas de sumidoiros

Inicíase o saneamento da parroquia de Cabeiro

por Jorge Castro - 20/06/2008
O saneamento chegará a parroquia de Cabeiro nos vindeiros meses. J.C.

A concellaría de Medio Ambiente, dirixida polo nacionalista Carlos Pazos, informa da recente adxudicación das obras do proxecto: “Colectores xerais de saneamento para a parroquia de Cabeiro, Redondela” a empresa Belypa construcciones S.L. A rede de saneamentos proxectada está formada por 2.125,00 metros de P.V.C. de 315 mm. de diámetro, onde se intercalan 73 pozos de rexistro.

Con esta obra todas as augas negras recolleránse e conduciránse aos colectores xerais do concello de Redondela, para o seu tratamento na Estación depuradora instalada na Marisma de Santa Mariña, que estivo en obras recentemente para mellorar o seu funcionamento, que continúa sendo deficiente en tempadas de choiva. No proxecto realizaránse 40 acometidas de sumidoiro, incluida a arqueta, tubaxe, levante e reposición do firme.

O prazo de execución é de 4 meses, para estas obras de Cabeiro, ascendendo a un orzamento total de 179.240,94 € para as arcas municipais. Dende a concellería de Medio ambiente de Redondela sinálase que este é o inicio do saneamento na parroquia de Cabeiro, que dende o concello teñen a intención de rematar ó longo desta lexislatura. Esta parroquia é unha das máis elevadas do concello e unha das máis alonxadas do centro do municipio.

    
Sobre este artículo
5 / 5 (2 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com