Coa chegada do verán regresan as actividades propias deste período estacional organizadas polo concello de Redondela, destinadas a pequenos e tamén a maiores, algunhas delas. Por unha banda a concellería de Xuventude organiza o curso de vela, ademáis dun pequeno campamento na praia e cursos de inglés. Mentres que a propia cocellería de Xuventude, conxuntamente con Igualdade, Ensino e Servizos Sociais.
O curso de vela desenvolvérase no Porto de Cesantes en dúas quendas, de cinco días cada unha, do 30 de xuño ao 4 de xullo, e do 25 ao 29 de agosto, en horario de 10.00 a 14.00 horas ou de 16.00 a 20.00 horas. O curso, que ten un custe de 16€, cantidade correspondente ao seguro, está dirixido a nenos e maiores de entre 8 e 35 anos. Ofértanse un total de 80 prazas, vinte por quenda.
Respecto ao curso de Inglés, que se presenta baixo o título “English Land. O Mundo en Inglés”, este vai dirixido a nenos e nenas de 9 a 12 anos que non teñan comezada a ESO. Os alumnos repartíranse en catro grupos, dous no mes de xullo e dous en agosto, e ofértanse 15 prazas para cada un. O curso, de 18 horas de duración, desenvolverase dous días á semana, luns e sábado, dúas horas diarias, de 9.30 a 11.30 e de 11.30 a 13.30 horas.
Ademáis, a concellería de Xuventude ofrece un campamento de praia que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto en Cesantes e Arealonga. O campamento vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e terá lugar os luns, mércores en venres en Cesantes e os martes e xoves en Arealonga, en horario de 18.00 a 20.00 horas. O número de prazas está limitado a oitenta por día. Os interesados poden solicitar mais información na OMIX, na rúa Reveriano Soutullo 1, teléfono 986 402 651. Para todos estes cursos o prazo de matrícula permanecerá aberto na OMIX ata o 25 de xuño en horario de 10.30 a 13.00 horas.
Campamento urbán
Este campamento está dirixido a nenos de 4 a 12 anos levándose a cabo en Redondela, do 30 de xuño ao 23 de agosto, en catro quendas de dez días, e en Chapela do 1 ao 31 de xullo, en dúas quendas de 15 días, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O número total de prazas ofertadas é de trescentas, duascentas en Redondela e cen en Chapela. Os interesados en participar nestes campamentos deberán formalizar as súas inscricións antes do 25 de xuño nas dependencias da OMIX, na rúa Reveriano Soutullo 1, Baixo, teléfono 986 40 26 51, en horario de 10.30 a 13.00 horas. |