|
|
O voceiro socialista, Emilio González, acusa o PP de non facer propostas, mestres que Canal asegura que o seu grupo realiza continuas proposicións qO limitación de preguntas e rogos continúa creando polémica en Redondela |
|
|
| por Jorge Castro - 13/06/2008 | | |  | | | | | Emilio González e Francisca Canal realizaron un cruce de declaracións esta semana. | | | |
O cambio de regulamento que establece o funcionamento dos plenos municipais continúa levantando polémica en Redondela. Esta semana prodúciuse unha cadea de reaccións cruzadas as declaracións efectuadas polo concelleiro popular, Alberto Pazos, o pasado fin de semana, no que reiteraba a postura do PP contraria a limitación de cuestións e rogos que se poden facer por pleno.
Emilio González, concelleiro de Urbanismo e voceiro socilista acusou o grupo popular, de non realizar propostas concretas salvo "non querer que pasen nós de comunicación por Redondela" ou a creación de diversos pasos de peóns en distintos puntos do municipio. González, tamén negou que queiran silenciar os diversos colectivos, e en referencia a etapa do goberno popular afirmou que naquela época os plenos eran trimestrais.
Pola súa banda a voceira popular saíu o paso destas declaracións do grupo socialista recordando que "son PSOE e BNG os que están a gobernar, e é sobre ese equipo de coalición sobre o que recae a responsabilidade da xestión do concello", polo tanto non poder acusar o grupo popular de non traballar porque "son eles os que teñen que facelo que para iso son a directiva local".
Canal tamén quixo recordar algunhas das propostas realizadas polo seu grupo "non son levadas adiante polos membros do equipo de goberno", xa que son desbotadas ó chegar os distintos plenos. Canal recordou que, unha das últimas propostas, foi o cambio do convenio con Xestur, para "que se lles dese prioridade ás empresas redondelanas no reparto do solo, e non ás mosenses como se especifícaba no convenio". |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 16 votos ¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?
|
|
|
|
|