Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
O concelleiro Alberto Pazos, o igual que no pasado pleno recorda o número de cuestións presentadas polos socialistas e nacionalistas nos tres anos

O PP reitera as súas protestas polo cambio de regulamento do pleno

por Jorge Castro - 09/06/2008
A modificación do regulamento producíuse no pleno do pasado mes de maio.

O concelleiro do PP en Redondela Alberto Pazos reiterou este fin de semana as súas protestas polo cambio de regulamento do funcionamento do pleno realizado na última sesión, a correspondente o mes de maio. A modificación realizada limitou a cinco o número de preguntas e rogos que pode presentar cada grupo político, para facer un máximo de 20 por pleno, ademais, do deber de presentalas por escrito con 24 horas de anticipación.

Alberto Pazos considera que esta situación ven motivada porque o grupo popular está a facer unha oposición “demasiado incómoda”, e por este motivo o grupo municipal quere “limitar as súas intervencións nos plenos". Pazos foi o encargado de defender a postura dos populares no pasado pleno, no que se produciu un forte debate co voceiro socialista, Emilio Gonzalez Iglesias, no que se chegaron a producir descalificacións mutuas.

Un dos puntos de máis fricción foi o momento no que Alberto Pazos recordou o número de cuestións e rogos realizados polo grupo socialista na etapa en que estiveron na oposición, na década dos noventa. Como recordou Alberto Pazos, "o día 26 de Novembro de 1996, o PSOE formulou doce preguntas e o BNG outra ducia". O edil popular asegura que “este é tan só un exemplo dunha das tantas veces que, estando eles na oposición, superaban o máximo de vinte rogos e preguntas en total, entre tódolos grupos políticos, por cada pleno da Corporación”.

Oposición domesticada

Alberto Pazos considera que o cambio de regulamento pon de manifesto "a actitude caciquil do equipo de goberno e na súa pretensión de transformar ó PP nunha oposición domesticada”. Dende o grupo popular queren advertir que teñen a intención de oporse a esta medida “custe o que custe”, ademais de asegurar que “aínda que ata o de agora teñan silenciado ás asociacións veciñais e nestes momentos estean a intentar silenciar á oposición, non o conseguirán"

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (6 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com