| |  | | | | | Ó redor de 100 persoas acamparon no entorno do Pexegueiro. J.C. | | | |
O festival Millo Verde celebrado este fin de semana nas inmediacións do campo de fútbol do anexo Choco, congregou a aproximadamente 1.600 persoas nas sesións do venres e sábado, que puideron desfrutar das actuacións dos diversos grupos participantes, os cales mostraron un nivel bastante alto, a pesares de diversos problemas técnicos surxidos durante o fin de semana.
Na zona de acampada hablilitada no entorno do río Pexegueiro, xuntáronse ó redor de 100 persoas en, aproximadamente, 40 tendas de campaña. Os campistas puideron desfrutar dun estupendo fin de semana e durante toda a xornada do sábado permaneceron sobre o céspede do entorno do Pexegueiro realizando pequenos concertos de amigos mentres esperaban a chegada da noite, para desfrutar do festival.
Segundo a organización a noite do venres foi un éxito, xa que os asistentes completaban o recinto habilitado ó efecto, e os distintos grupos cumpriron nas diversas actuacións que se prolongaron dende aproximadamente as 23:00 horas, ata pasadas as 5 da mañá, xa que diversos dj´s cerraron a noite o término dos diversos concertos. Na zona podíanse adquirir as camisetas conmemorativas do evento.
Problemas técnicos
Na tarde do venres producíuse un problema técnico na instalación de son, producíndose un mínimo incendio en varios cables e en algunha tapa de potencia, segundo informou a organización. Este problema limitou a potencia prevista nos concertos do venres, sen embargo, o sábado arranxánronse as limitacións, funcionando o equipo técnico dunha maneira óptima, tras estar traballando nos equipos durante toda a tarde.
|