Inicio > Ayuntamientos > Redondela
A primeira revista de humor gráfico galego cumpre medio ano de vida, con seis números na rúa

Kiko da Silva presentou Retranca en Redondela

15/04/2008
 
Presentación de Retranca.
O director da revista satírica Retranca, Kiko da Silva, acompañado polos debuxantes e colaboradores Andrés Meixide e Jacobo Fernández, presentou a publicación o pasado venres en Redondela, nun acto no que estivo presente o concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera. O remate da charla Da Silva mantivo un coloquio cos asistentes, e firmou diversos exemplares desta publicación.

Retranca é unha publicación satírica, case exclusiva de humor gráfico, pero con diversos textos humorísticos no seu interior, incluído o encarte “A Nosa Pedra”. Esta publicación naceu en Pontevedra, e na actualidade conta cunha tirada de 8.000 exemplares, dos que se vende aproximadamente o 50% dos números, segundo informou Da Silva. O revista é mensual, e sae aproximadamente entorno o día 15 de cada mes.

Nos seis números que leva na rúa, a revista acadou aproximadamente 200 suscritores, e pouco a pouco vanse incrementando as seccións é o número de páxinas de cada publicación. Da Silva, anunciou en Redondela a creación dunha nova sección dedicada o fútbol, no vindeiro número, “desde un punto de vista especial”, e tamén o entrada de novos autores como o colaborador de El Jueves, Bernal.

O director de Retranca explicou que Retranca é totalmente independente, que nace “dos aforros xuntados durante varios anos”, e mediante a creación dunha empresa propia que xestiona a publicación, asegurando que “estaremos na rúa mentres nos deixen”. Sen axudas institucionais, para “poder ser libres na crítica política e social”, Da Silva asegura que “co paso dos números vamos soltándonos máis e collendo maior liberdade”.

Entre os colaboradores da Retranca están autores coñecidos a nivel galego como Pinto e Chinto e Luís Davila, que posúe unha das sección con máis éxito Jalisia Kanibal, sátira das distintas costumes galegas, e outros famosos a nivel nacional como Mel ou Alberto Montt. Da Silva, afirmou que o 75% dos colaboradores son galegos, e que na comunidade existe “unha gran canteira”, aínda que pódese notar algo se escaseza no numero de humoristas, non así no de debuxantes.

O director de Retranca asegurou que o vindeiro número con motivo do día las letras galegas levantará numerosa polémica, “porque fixemos unha portada que busca o escándalo” e esperamos que teña moita repercusión. Outros temas que xa foron parodiados portada de Retranca, sona serie Padre Casares da TVG, o “despilfarro” da Cidade da Cultura, ou o “Entroido electoral”.

"Jalisia Kanibal" de Luis Davila conta con gran acollida entre os lectores.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com