| |  | | | | | Vista aérea do proxecto de polÃgono empresarial. REMITIDA | | | |
Un grupo de veciños da parroquia redondelá de Saxamonde presentou este semana un total de 573 alegacións contrarias o parque industrial de Arrufana, situado en terreos pertencentes os concellos de Mos e Redondela. Este grupo ten a intención de iniciar outras accións de protesta, e para este venres convocaron unha asamblea informativa, a cal están invitados colectivos dos dous concellos.
Os veciños presentaron diversas alegacións, unha de carácter xenérica e outras específicas para os residentes da zona. A primeira alegación consta de oito puntos nos que os asinantes maniféstanse "en contra da configuración proposta por parte desa Administración en relación co Parque Empresarial de Mos-Redondela, ao derivarse deste unha grave afección aos dereitos e intereses da veciñanza da zona".
Este escrito tamén recolle que o parque empresarial causaría "irreparables prexuízos para un importante grupo de vivendas da parroquia de Saxamonde e Vilar de Infesta", ademais de conlevar danos medioambientais como son "a destrución do medio forestal e da paisaxe da zona" ou "o incremento os riscos de inundacións nas zonas baixas dos ríos e regatos afectados".
A alegación presentada por diversos residentes da zona é de máis extensión, reparando en diversas cuestións técnicas contidas no proxecto de de parque empresarial. Esta alegación recolle que no territorio afectado por este proxecto de parque empresarial tan só se sitúan tres empresas con actividade industrial, e que, polo tanto, "a necesidade de ordenar unha zona de concentración de actividade" recollida na memoria do proxecto "perde o seu peso xustificativo".
Reunión en Saxamonde
O grupo de veciños de Saxamonde que encabeza a oposición a este proxecto ten prevista a celebración dunha reunión informativa nesta localidade, a que invitaron a asociacións do veciña parroquia de Vilar de Infesta e da parroquia mosense de Arrufana. Este colectivo de veciños ten a intención de programar actividades de protesta nas vindeiras semanas, aínda que non se tomarán decisións definitivas ata a celebración desta reunión. |