Inicio > Ayuntamientos > Redondela
Os escritos foron asinados por máis de 30 colectivos, e acompañados por, aproximadamente, 3.000 sinaturas

Un colectivo de veciños entregou as alegacións e as firmas recollidas contra o proxecto de canteira en Ventosela

18/09/2008
 
Entrega de alegacións. REMITIDA

Unha delegación de veciños de Ventosela e Amoedo fixo entrega esta mañá, na delegación provincial da consellería de Innovación e Industria, das alegacións recollidas contra a "admisión a trámite definitiva do permiso de investigación denominado Amoedo I", que afecta a distintas parroquias dos concellos de Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.

O grupo de veciños entregou un modelo de alegación, que foi asinado por máis de 30 colectivos de Redondela e o seu entorno, ademais de acompañar a estas alegacións, as sinaturas recollidas en contra deste proxecto nas últimas semanas. Os responsables da recollida estiman que, finalmente, foron, ó redor de 3.000, as sinaturas presentadas ante a consellería de Innovación e Industria.

O modelo de alegación ten unha extensión considerable, con 15 entradas distintas que se poderían clasificar en tres bloques diferenciados. O patrimonio cultural presente na área afectada é un dos principais argumentos da alegación, xa que "debe terse en conta a existencia na zona de petroglifos e túmulos, na súa maioría catalogados", ademais doutros restos arquelóxicos que, polo momento, non foron catalogados.

Outro bloque da alegación fai especial incidencia nos impactos medioambientais que suporía a creación dunha "canteira a ceo aberto", tanto nas augas subterráneas, xa que se atopan "numerosos mananciais e depósitos de auga para consumo humano rexistrados polo órgano de conca competente", como nas augas supercias, debido ós cursos de auga que trascorren pola zona, entre os que destaca o río Alvedosa, que desemboca no LIC (Lugar de Intérese Comunitario) da Enseada de San Simón.

Nun terceiro aspecto a alegacións enumera as "consecuencias sociais" que podería ter unha "canteira a ceo aberto", entre as que destacan a destrucción de "400 ha de monte veciñal en man común, das que se beneficia toda a sociedade no seu conxunto", ademais do transcurso de "un gaseoducto, un oleoducto e a canalización de auga de consumo dende o encoro do Eiras ata Vigo", pola zona afectada. Na alegación tamén se recorda que pola zona trascorren "varios roteiros de sendeirismo como a GR-58, Sendeiro das Greas, de 206 km, e o GR-94, Rural de Galicia, de 126 km".

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com