Inicio > Ayuntamientos > Redondela
Unha comisión de afectados ten a intención de realizar una alegación en contra do proxecto de canteira que incluirá as sinaturas recollidas

Os veciños de Ventosela e Amoedo reunen máis de 1.000 sinaturas contra a canteira o sábado de feira

07/09/2008
 
Recollida de sinaturas. J.C.
Un grupo de veciños de Ventosela e Reboreda conseguiron reunir na mañá de onte, aproximadamente, un milleiro de sinaturas en contra do proxecto de instalación dunha canteira no linde entre Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior. A Xunta admitiu a trámite o estudio de investigación o pasado 1 de setembro, iniciando un período de alegacións de 15 días hábiles.

Coincidindo co día de feira, montáronse dúas mesas nas proximidades do concello redondelán, onde os interesados podían consultalo proxecto nos mapas impresos en ámbalas mesas, ademais de asinar nos papeis habilitados o efecto. A última hora da mañá o grupo de veciños recollerá aproximadamente un milleiro de sinaturas, aínda que esperan recoller máis, xa que deixaron varios papeis en locais comercias como a cafetería Zeus, O café da Vila e O Cruceiro.

A finalidade destas sinaturas é acompañar unha alegación extensa preparada por un grupo de afectados e colectivos, que se mostran en contra deste proxecto, entre os que se encontran as comunidades de montes de Amoedo, Reboreda e Moreira, as comunidades de augas de Amoedo e Reboreda e outros colectivos veciñais e culturais como a AA.VV de Moreira, o colectivo Alén Nós, o Sindicato Labrego-Galego, a asociación Cultural Lúa Meiga, a asociación de caza A Peneda ou a Plataforma en contra da autovía.

Do mesmo xeito, este grupo ten a intención de presentar unha serie de alegacións máis curtas asinadas de xeito individual, ademais de invitar a outras asociacións do entorno a que se sumen a esta iniciativa, para rexeirar a proposta de canteira nas parroquias de Ventosela, Amoedo, e Moreira. O grupo afectados ten a intención presentar todos estes escritos o vindeiro 16 de setembro.
    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com