| |  | | | | | Panorámica dende a zona afectada pola canteira. J.C. | | | |
A consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) a admisión a trámite definitiva do permiso de investigación denominado Amoedo I, destinada a elaboración dunha canteira de granito ornamental nos concello de Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior. O prazo de alegacións establécese en 15 días hábiles a partires da publicación do anuncio.
Concretamente, a consellería admitiu a trámite o permiso de estudo a empresa Minor Galicia S.L., para poder realizar os estudos necesarios para a isntalación dunha explotación mineira de granito ornamental, nunha extensión de terreo dividida en 14 cuadrículas, que abarcan centos de hectáreas, nunha zona moi coñecida no concello de Redondela, pola existencia duns petroglifos próximos, ademais de constítuir un mirador sobre a Ría de Vigo.
A zona afectada límitase da seguinte forma, polo oeste sitúase a parroquia de San Martiño de Ventosela, concretamente a zona de A Caroxa, na que varias casas están afectadas, chegando polo Leste a zona residencial de Masusán, no concello de Pazos de Borbén. O extremo Norte do mapa abarca a zona más alta de Ventosela e os montes de Soutomaior, mentras que por el Sur chega ata o río Alvedosa no seu descenso por Reboreda.
Período de alegacións
Segundo recolle a propia publicación do DOG, a documentación queda exposta o público para que "calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial. Pasado o devandito prazo non se admitirá ningunha oposición". Polo tanto, as persosas interesadas en alegar contra este proxecto deberán presentar as súas alegacións na Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Innovación e Industria.
|