Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)
Acabouse hoxe o prazo para presentar un candidato a alcaldía e frear a aprobación dos orzamentos

O centro dereita do Porriño non chegou a ningún acordo para plantexar unha moción de censura

por R. L. - 23/08/2008
Os tres irreconciliables que deixan pasar a oportunidade de gobernar o municipio en mans dos nacionalistas. RL.

O posible pacto do centro dereita porriñés nos trinta días seguintes a presentación dos orzamento 08 sometido a unha moción de confianza por parte do BNG quedan automaticamente aprobados ao non ser quen de presentar a oposición un candidato alternativo a Francés á alcaldía do Porriño. De tódolos xeitos, a oposición (CxP) vainos recorrer porque os considera "ilegais".

Ciudadanos por Porriño, CxP, a falta dun comunicado oficial, aseguraba, a última hora da mañá: "Non se vai a presentar nestes días ningún tipo de moción de censura. Non se produciu ningún tipo de acordo e as negociacións están paralizadas". CxP quixo a alcaldía sen condicións e non atopou receptividade por parte dos dous grupos.

Pola súa parte, Gonzalo Ordóñez, de Independentes de Porriño (IdeP), declarou a Vm que ceder si, pero endexamais para que o alcalde fose Nelson Santos de CxP (polas escisión deste partido do seu grupo hai 4 anos). Matizou que tan só consentiría na proposta de que alcaldesa fose a número 3 de Ciudadanos, Mari López Palacín, fose a alcaldesa.

De tódalas formas, Ordóñez cre que o PP é o grupo maiorítario e lle correspondería a el a alcaldía, Manuel Carrera, actual portavoz, ou calquera outro concelleiro popular. O líder de IdeP asegura que non esperaba a cambio ningún tipo de cargo compensatorio como se rumoreou estes días atrás. Gonzalo Ordóñez cre que hoxe perdeuse a oportunidade dunha moción de censura e que non vai implicarse en ningunha máis. Ordóñez, canso xa do goberno do nacionalista Raúl Francés, coida que podería deixar a súa acta de concelleiro na actual corporación xa que non ve saída na oposición dos doce concelleiros fronte os cinco nacionalistas.

O partido Popular que levou estes días a voz cantante non medios de comunicación é acusado por Ciudanos de non poñer todos os medios ao seu alcance para chegar ao pacto do centro dereita. Quizais, segundo fontes próximas a Ciudadanos, o problema non foi tanto o comité executivo local como o PP a nivel provincial e rexional. Outro posible motivo para que CxP se pensara tamén coller a alcaldía é o actual estado financeiro do Concello do Porriño. Por iso, se eles aceptaban querían ter as mans libres sen servidumes para poder traballar.

Así as cousas, Raúl Francés vai sair reforzado desta moción de confianza. Tan só as eleccións autonómicas, se o PP sae reforzado, podería volver a plantearse recuperar a alcaldía e asumir este cambio que agora quizais non lle interese crear problemas internos. Así podería quedar aberta a posibilidade dunha moción de censura máis adiante.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com