Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)
Co material se preparará unha mostra retrospectiva sobre temática escolar no municipio

Última semana de prazo para a recollida de fotografías de escola no Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño

por Vm - 06/08/2008
Grupo de alumnos da escola de nenos de Mosende. Curso 1954 – 1955. Autor descoñecido / A.M.I. O PORRIÑO.

O Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño amplía até o día 8 de agosto a recollida de fotografías relacionadas co ensino no Porriño. As imaxes recollidas poderanse contemplar nunha exposición que presentará diversos contidos e actividades relacionadas coa historia da educación no concello, e que se celebrará nos meses de setembro e outubro.

Responsábeis do Arquivo da Imaxe destacan o éxito desta campaña, "acadando a cifra de 225 imaxes até o de agora, na sección de fotografía da educación do fondo xeral do Arquivo". Na recollida están participando un número importante de veciños e veciñas, tanto do centro urbano como das parroquias, polo que "decidimos ampliar o prazo para non interromper o bo ritmo na obtención de imaxes".

Todos aqueles que o desexen poderán achegar as súas fotografías (grupos escolares, retratos escolares, retratos grupais de escola, fotografías de mestres emblemáticos, imaxes dos centros educativos do municipio, etc) ao Arquivo Municipal da Imaxe, no Centro Cultural Municipal, de 9 a 15 horas.

Os orixinais fotográficos serán dixitalizados e devoltos aos seus propietarios.

    
Sobre este artículo
4 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com