Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)
Ábrese un prazo de 30 días para porse de acordo os grupos e presentar un candidato á alcaldía

Francés perde a cuestión de confianza, non dimite, e evidencia menos apoios que na investidura

por R. L. - 24/07/2008
Raúl Francés, onte, ao final do pleno, só e sen a valentía de deixar a alcaldía aínda que fora a favor de un dos seus concelleiros, recolle a chaqueta tras tres horas de pleno porque decir debate é demasiado para esta corporación. RL.

Tres horas de pleno extraordinario serviron para confirmar a falta de diginidade do alcalde do Porriño. Tras perder a cuestión de confianza na que todos os concelleiros dos grupos votaron en contra agás do PSOE (ex socio de goberno na anterior lexislatura) que se abstivo, non tivo o nacionalista a gallardía de ceder polo menos o posto de alcalde ao seu concelleiro Pedro Pereira.

O voto do PSOE suponse que está condicionado por "ordes de arriba" como intuían outros grupos da corporación. De tódolos xeitos, o voto do grupo de Iván Vaqueiro permítelle agora entrar nunha moción de censura, xa que logo aqueles grupos que votan en a favor na cuestión de confianza non poden facelo a favor dunha de censura. Deste xeito, Vaqueiro e os seus dous concelleiros quedan coas mans libres para futuras accións.

Que o PSOE que apoiou a Francés para a súa investidura non o apoie agora na cuestión de confianza, significa que o alcalde de O Porriño ten agora menos apoios que hai un ano. E, a pesar de todo, non entrega o caxato de mando.

O pleno foi caloroso demais. Non só polo tema dos orzamentos 2008 senón porque ata levar case dúas horas de pleno, non lle deu a gana o alcalde de indicar que se puxera en marcha o aire acondicionado da sala. Máis dun corporativo lle indicou que o acendera. (E para outra convén dicirlle que poña a auga fría aos corporativos. O secretario fixo un xesto, claro). Nesta ocasión Francés estaba nervioso (manifestábase cando se poñia a auga ou collía o bolígrafo) e extremadamente complacente con grupos como o PP tratando de dar unha imaxe de normalidade a través do compadreo. Ao final sairía abrazado a Manuel Carrera (PP) buscando a foto con quen pode non lle dar problemas.

O nacionalista Raúl Francés tivo unha saída burda que o deixou en evidencia á hora de responder á intervención crítica de Ciudadanos por Porriño. Empregou unha estratexia demasiado evidente. Solicitou a CxP que pedise desculpas a unha concelleira nacionalista. A esto negáronse, e Francés dixo que entón, en xusta correspondencia, non lle contestaba as críticas ao orzamento. Está claro que o forte de Raúl Francés non son precisamente os números. Iso veuse cando respondeu a Carrera sobre o remanente negativo. Carrera tamén amousou o pouco que sabe de economía. Raúl, se lle preguntase, que es o remanente negativo (déficit económico arrastrado), xa o houbera collido. Carrera lera o que lle escribiron, pero notábase sen saírse do guión.

O pleno comezou cunha cuestión de orde que podería traer cola. CxP solicitaron a anulación do pleno anterior sobre os orzamentos celebrado hai 8 días. Presentaron escrito por rexistro dicindo que polo tanto o pleno de onte foi nulo. Agora o concello a través do secretario vai ter que presentar un informe xurídico que CxP presentara co resto da documentación no xulgado. Isto non freara unha posible moción de censura se os grupos se poñen de acordo para apoiar outro candidato á alcaldía do Porriño.

Respecto ao debate de ideas foi pobre en xeral agás da intervención, como no pleno anterior, de CxP. Nelson Santos e Xosé Manuel Jacobo estiveron contundentes e áxiles nas súas afirmacións. Vaqueiro en cambio perdeuse e faltoulle argumentar mellor a súa postura. Carrera fixo o que puido coa lectura do comentario aos orzamentos que traía e Gonzalo Ordóñez non incidiu en temas dos orzamentos. En xeral, un tanto pobre e baixo de contido un pleno de semellante importancia.

O salón non estaba abarrotado. Sobre unhas 80 persoas seguiron o pleno. A maioría familiares como no caso dos concelleiros nacionalistas. Francés convocou a toda a súa parentela. Cidadanos por Porriño levaron vinte tantas persoas. Eso si, medios de comunicación como nunca enchían o estrado dos corporativos e nunha parte dunha primeira fila onde non se respectan os postos dos informadores.

En xeral, o salón de plenos, a pesar de ser bastante actual a súa construción, non ten condicións para celebrar plenos (mala megafonía, corporativos nun estrado excesivamente alto, mesas incomodísimas para os concelleiros, varandas que restan visibilidade, falta de acceso para futuros concelleiros discapacitados, entre outros de defectos desta obra de tempos de Barros).

Agora ábrese un prazo de 30 días para porse de acordo os grupos e presentar un candidato á alcaldía. De non ser así, os orzamentos se aproban automáticamente.

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (6 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com