Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)

Que me din os teus zapatos

por R. L. - 19/07/2008
A moda en calzado no pleno a marcou Mari Pacín, de Ciudadanos por Porriño.

Os zapatos falan das persoas. Reflicten a pulcritude e o ton humano dun señor ou dunha señora. Limpalos a diario é sempre un labor de heroes, pero imprescindible para ir correctamente. No pleno do Porriño, durante a soporífera intervención do nacionalista Pedro Pereira, fixamos a mirada sobre o calzado dos corporativos porriñeses.

Conclusión a primeira vista é o descoido dos socialistas con zapatos faltos de crema. Chamaron a atención, polo mal que estaban, os do portavoz Iván Vaqueiro que xa nin con crema, o mellor é que os tire. E entre os mellores os de Manuel Carrera sempre co calcetín a xogo, isto é, sempre debe ser da mesma cor que o zapato (norma de elegancia) ¡Bravo, Carrrera! ¡Polo menos elegancia xa que non piou sobre os orzamentos!

Por suposto, como noutros ámbitos da vida (para que logo algúns persigan a utopía de sermos iguais), as mulleres sempre coidan máis isto do calzado. As sandalias predominan neste tempo. Unha diferencia observada é que as concelleiras do PP e as de Independentes son máis coidadosas na manicura e pintado das uñas que as do BNG e PSOE. A nacionalista Obdulia que emulaba no seu aspecto á cantante, creo que tamén das mesmas ideas, Mercedes Peón, levaba sandalias escoras, pero o que desmerecía en verdade eran os seus pés pouco coidados cun talón reseco que non coñece a hidratación desde que entrou a traballar no sindicato da CIG. No caso de Cofe, PSOE, os zocos –moi cómodos eles pero, na humilde opinión do cronista, pouco elegantes para un pleno ocultaban o arranxo do pé (quizais vanlle ben para atender na súa clientela na tenda sex-shop da súa propiedade).

A concelleira do BNG de Cultura, sen embargo, levaba unha bonitas sandalias brancas a xogo coa súa blusa tamén branca. Agora que a palma, entre elas, a levou Mari Pacín, de Ciudadanos por Porriño, cun calzado a medio camiño entre sandalia e zapato que se chama –se non nos equivocamos-, "sling back" ou zapato pechado ao fronte e aberto no talón, con trabiñas. Tratase do calzado tipo 'pump' que retornou este ano, aínda que sen desaparecer a sandalia, que temperouse á primavera, con aire de frescura e cor que lle imparte esta época do ano tanto á roupa, como aos accesorios. ¡Moi ben Mari! ¡Ciudadanos non só sabe de que vai un orzamento senón tamén de moda!

Ben, os máis ‘pijos’ os da concelleira popular Ana María Martínez Paradela, moi seriota ela. Nun azul que conxuntaba coa blusa e cun bolso bolsa de Tous (¡agardamos que non sexa imitación!). Pola súa parte, a compañeira de grupo, Eva (sempre impecable no seu cabelo de perruquería), levaba unha especie de chancleta pero, eso si, coas uñas moi coidadas e pintadas en vermello. Ata parecía facer intencionalmente xogo cos zapatos e calcetíns de Manuel Carrera portavoz do grupo Popular.

Por certo, o alcalde cuns zapatos horribles en beixe, case brancos, pero pechados e calorosos en demasía para esta época do ano. Os dos concelleiros nacionalistas de deportes, Marcos, e os Pedro Pereira, moi sosos, sen graza e en cor escura.

Os infames ‘pupitres’ que colocou o anterior rexidor Barros, así semellan estas mesas, non deixan ver outros zapatos como os de Gonzalo Ordóñez que non dubidamos que serían elegantísimos e de estilo inglés, claro, tal como vai el sempre de punta en branco e seguro que o seu compañeiro Marcelino tampouco desmerecerían do estilo IdeP. Tamén nos falta a referencia dos de José Manuel Jacobo e Nelson Santos de Ciudadanos. Por certo, no sabemos dos do secretario pero si dos zapatos do interventor que pronto requirirán botar súelas.

E mentres todo isto observaba o público, Pedro Pereira parolaba e parolaba quizais escoitándose a si mesmo e –perdón polo xuízo-, como estratexia para retardar o golpe da oposición. ¡Unha hora de Pereira é insufrible! ¡Francés nunca máis! (Ben, se acordan outro alcalde, entón, Pereira endexamais).

    
Sobre este artículo
2.5 / 5 (3 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 135 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com