Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)
O novo pleno terá lugar o mércores día 23

Francés retira os orzamentos 08 que se someterán o vindeiro mércores ao pleno vinculados a unha cuestión de confianza

por R. L. - 17/07/2008
Francés a súa chegada ao salón de plenos.

O alcalde de O Porriño, Raúl Francés, tras un pleno cheo de protestas da oposición polo escaso tempo de analise dos orzamentos 08 así como polo utópico que son, segundo Ciudadanos por Porriño (CxP), veuse finalmente forzado a retirar os orzamentos e vinculalos a unha cuestión de confianza o vindeiro mércores día 23. Francés os presentou, probablemente, urxido polos concelleiros nacionalistas que xa non aguantan máis sen cobrar soldos pola súa dedicación no concello.

O PP non aportou nada ao debate. Carrera se limitou a discutir a premura con que se lle presentou o documento. O BNG a través de Pedro Pereira non fixo máis que un mitin dunha hora como estratexia para entreter e aparentar que sabían de que ía o documento. Ivan Vaqueiro, do PSOE, foi breve e un tanto mitineiro na súa intervención. Independientes por Porriño, IdP, tampouco aportou moito o debate a través da intervención de Gonzalo Ordóñez.

O miolo do pleno estivo na intervención de Nelson Santos y José Manuel Jacobo de CxP, que empregaron tamén unha hora poñendo reparos e descubrindo incoherencias aos orzamentos 08.

Santos cifou a débeda do concello en 18 millóns. Afirmou que en facturas gardadas "nun caixón" alcanzan os 5 millóns. Ademais os remanentes de tesourería foron negativos entre os anos 2002 e 2007. E o remanente que o goberno nacionalista fixa en 2,5 millóns, CxP asegura que son 9 millóns. Santos chamou a todo isto "utopía" e puso o exemplo do Titanic tras bater co iceberg, o capitán quería que tocase a orquestra para que os pasaxeiros non se enteraran de que ía a pique. "Fagamos o simil en O Porriño, fagamos que toque a orquestra para que a xente non se entere da realidade do que ocurre no concello porriñés", explicou Nelson Santos.

Se o vindeiro mércores día 23, non se aproban eses orzamentos vinculados a moción de confianza, entón abrirase un prazo dun mes para que se poñan de acordo os grupos políticos para nomear a un alcalde. Se non son capaces de se pór de acordo (9 votos se precisan), entón os orzamentos se consideran aprobados.

    
Sobre este artículo
2.5 / 5 (4 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com