Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)

Manuel Carrera, nomeado presidente do PP do Porriño, cun discurso anodino e ante a falta de entusiasmo da militancia

por R. L. - 29/06/2008
Membros da executiva local cos cargos do partido Popular. RL.

Manuel Carrera, único candidato, foi elexido presidente do comité local, tralo congreso local do partido Popular do Porriño celebrouse onte no restaurante El Manolo. Calor abafante, retraso das autoridades ‘populares’ chegaron case hora e media despois da hora prevista (críticados por José Manuel Barros por este feito), e un José Manuel Barros en "estado puro" (mellor aforrar o lector os comentarios do seu discurso) e un Manuel Carrera con poucas ideas, cun discurso anodino e incapaz de entusiasmar (aplaudíronlle como moito catro veces, e nin siquera o fixeron cando comentou que o día anterior cumpriu 46 anos e que era "un bo regalo para mín" ser elegido presidente) aos militantes e que aburriu poderosamente a plana maior do partido.

Non mais de 150 persoas, nas incómodas cadeiras, acudiron e entre eles destacados membros do partido Popular: Núñez Feijoo, Louzán Abal, Ana Pastor, Pilar Rojo, Dolores Pan, Cesar Pérez Ares, Chema Figueroa, José Juan Durán e Ignacio López Chaves. Os alcaldes de As Neves e Tui e os ex alcaldes de Salceda e Tomiño así como concelleiros como a mosense Nidia Arévalo, a salcedense Inés González Quitas, o ponteareano Berto Novoa, entre outros. Non houbo necesidade de empregar as urnas, cousa que se agradeceu porque tralo longo discurso do ex alcalde José Manuel Barros ían faltos de tempo e o calor era insoportable (so atenuado por un ventilador e unas botella de agua para os oradores) así que todo se solucionou a man alzada, sen unha abstención nin votos en contra.

Por riba, un Carrera que quere unir o centro dereita no Porriño afirmou que os independentes (IdeP e CxP) provocaron anos de atraso no municipio que, económicamente, estima que se poden cifrar en 15.000 millóns de pesetas (a ver se se actualiza Carrera xa que agora a cousa cífrase en euros). Por riba, Manuel Carrera acusou a CxP de facer oposición pero "oposición aos porriñeses" (Mais habería que preguntarlle a el, ¿que oposición fai? ¿Onde e cando? ¿Cantas intervencións nos plenos ou cantas notad de prensa de denuncia enviou no último ano?)

Ademais, Manuel Carrera dixo que lle "sorprendeu" que tan só se presentase a súa candidatura ao congreso local. Pero, bueno, así foi máis doado elixir, dixo (¡home, claro, pero ti saes menos reforzado!).

Falou de renovación, de unidade pero sen ningunha idea que aportase as liñas políticas do futuro do PP porriñés. Carrera gabou os méritos dos que lle acompañan no Comité así como os dos seus compañeiros de grupo no municipio pero sen suscitar moito interese.

Carrera tamén anunciou que vai "reactivar o partido Popular de O Porriño" e recoñeceu o erro de que estivo un tempo parado. Anunciou o próximo congreso de novas xeracións do Porriño.

Sobre a nova ejecutiva, nomeou un a un, e contou algún detalle (algunhas presentacións con expresións de mal gusto e un tanto chabacanas) . Repiten ex concelleiros como José Manuel Barros, ‘Chiño’, Balbina Rodríguez e Gabino Lorenzo así como os outros tres concelleiros actuais.

Nos últimos cinco anos moitos "veciños e votantes del PSOE e do BNG piden un relevo" no goberno do municipio, asegurou Carrera.

Rafael Louzán, no seu discurso, bromeou con Barros pero estivo suave nos seus plantexamentos. Pediulle ao novo presidente que "asuma isto con moitas responsabilidade, con entre e con dedicación, porque na oposición fai moito frío ou moita calor tamén. Por tanto, hai que buscar ese ambiente templado que é chegar ao goberno. E para iso vamos intentar que as portas do partido Popular están voltado, algúns xa votaron, para iso haberá que dedicarlles máis tempo. A ver se somos capaces de que o centro dereita unifique todo o seu esforzo en prol dos veciños".

Pola súa parte, Alberto Núñez Feijóo, o máis animado dos oradores, lanzoulle ao flamante presidente porriñés que o importante "non é gañar un congreso, querido Carrera. Non. Gañar un congreso dun partido non ten ningunha trascendencia. ¡O importante é gañar as eleccións! Os congresos se poden gañar, pero si gañamos os congresos e perdemos as eleccións, non estamos facendo un labor que lle interese ao partido". Engadiu que "tamén é certo que non se pode gañar as eleccións desde un partido dividido. Tamén é certo que non se pode dirixir un partido cando non se celebran congresos. É tamén e certo que non se poden gañar unhas eleccións cando se perden os congresos dun partido". Para o presidente do PPdeG, "hoxe puxemos a primeira pedra dunha victoria que celebrar un congreso democrático; que é unir a familia; que é dicir aos concelleiros anteriores que se unan ao actuais e que todos xuntos formemos o gran equipo que tivo o PP no Porriño (…)".

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com