|  | | | | | O PP provincial lanza a Carrera á alcaldÃa co apoio de IdeP e nómbralle presidente do PP do Porriño. | | | |
O presidente do PPdeG provincial, Rafael Louzán, presentou este xoves no Porriño ao candidato a presidente do PP local porriñés, Manuel Carrera. No transcurso da rolda de prensa, Louzán manifestou que existe unha "boa sintonía" con Independentes de Porriño, IdeP, que lidera Gonzalo Ordóñez, recoñecendo que ambas formacións están xa a traballar "polos intereses do Porriño". Ademais anunciou que o presidente en ciernes do comité local popular empezará a estudiar a próxima semana, tralo congreso, os orzamentos. Non ocultou Louzán que o obxectivo é levar a Carrera á alcaldía con apoio de IdeP. Louzán xustificou esto pola "maioría absoluta de centro dereita" do Porriño así como una estabilidade fronte a actual inoperativiadade do BNG a hora de gobernar. Para o presidente provincial, os nacionalistas deberían someterse a unha moción de confianza.
Respecto a Ciudadanos por Porriño, CxP, Louzán pediulles "responsabilidade". Louzán reafirmou que "as portas están abertas" tamén para eles (3 concelleiros) pero, á ver, dixo que está clara a súa postura que "terán que explicar" aos porriñeses de por que non fan o pacto. Louzán manifestou a lexitimidade, no caso de pacto, de que a alcaldía fose para o PP aínda que CxP tivera unha forte representación no goberno de apoiar o pacto.
Congreso
Louzán identificou a chegada de Manuel Carrera á presidencia do PP porriñés como unha "nova etapa" trala dirección durante anos de José Manuel Barros. Tamén anunciou o apoio de persoas xa recoñecidas na política deste municipio xunto coa incorporación doutras que "están dentro desta sintonía política e queren o mellor para O Porriño". Baixo o lema "renovación e suma", Rafael Louzán fala desta nova etapa a cuxos actores políticos vai pedir "constancia, traballo e dedicación e, sobre todo que saque desta situación a O Porriño".
|