Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)

O alcalde nacionalista do Porriño subliña a "capacidade de chegar a acordos" do BNG ante a proposta do PP de formar un bipartito

por Vm - 19/06/2008

O alcalde do Porriño, o nacionalista Raúl Francés, subliñou hoxe a "capacidade de chegar a acordos" do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ante a proposta do Partido Popular (PP) porriñés de formar un bipartito.

Francés, que goberna en minoría, explicou que a súa "obriga", como forza política máis votada, "é escoitar as propostas de todos os grupos da Corporación para conquerir o noso obxectivo final, que non é outro que o benestar dos veciños e veciñas do Porriño".

"Desde o comezo da actual lexislatura, e conforme á nosa liña de actuación, seguimos tendendo a man aos diferentes grupos para alcanzar acordos de maioría que permitan continuar a liña de cambio iniciada", manifestou o rexedor porriñés.

Francés aclara que o "celebrá" que tanto PP, como PSOE e Independentes por Porriño (IP), "parezan modificar a súa atitude e estar dispostos a chegar a uns entendementos aos que nós evidentemente, nunca estivemos pechados".

Segundo confesou o alcalde da Vila do Louro, o BNG "está seguro da posibilidade de chegar a acordos beneficiosos para a cidadanía" que, ao seu xuizo, "agarda que O Porriño poda contar cunhas bases orzamentarias estábeis que permitan levar a cabo os proxectos que o vecindario demanda".

Francés concluíu a súa intervención remarcando que o BNG, como forza autónoma e con proxecto político propio, "non ten atadas as mans" cando se trata de buscar o "benestar social local e galego", e polo tanto, "garantiza a quen fai ofrecemento de diálogo na procura de acordos para garantir gobernabilidade, que o resultado das conversas que se produzan, e dos acordos aos que se poda chegar, estarán en función de que beneficien ao conxunto da cidadanía a quen servimos".

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com