|  | | | | | Cándido Pazó, un dos monologuistas invitados na I Semana do Humor do Porriño. REMITIDA | | | |
O Concello do Porriño informou onte do comezo da I Semana do Humor do Porriño, que conta cun ambicioso cartel, con monologuistas tan contrastados como Candido Pazó, Pepe Suevos, Rober Bodegas e Avelino González. A máis dos monologuistas, visitará O Porriño a Compañía Miro Magariños, que presentará a súa obra 'A Verdadeira historia de Pitita Braun', dirixida por Eduardo R. Cunha, "Tatan", e interpretada por Miro Magariños e Mundo Villalustre.
A obra, destinada a un público maior de 14 anos, conta a historia dun ladron que entra nunha casa, evidentemente co ánimo de roubar, mais atrás del entra outro colega coa mesma intención, pouco despois saberán que están na casa de "Pitita Braun", unha cantante e cabareteira vella coñecida dos dous.
Programa
Venres 13 de xuño 21.00 Praza do Concello Cándido Pazó. Monologuista
Sábado 14 de xuño 21.00 Praza do Concello Rober Bodegas. Monologuista
Xoves 19 de xuño 21.00 Praza do Concello Avelino González. Monologuista
Venres 20 de Xuño 21.00 Centro Cultural Municipal Miro Magariños. Teatro Espectáculo: A verdadeira historia de Pitita Braun
Venres 27 de Xuño 21.15 h Praza do Concello Pepo Suevos. Monologuista |