|  | | | | | Unha imaxe da pasada edición do Campamento Urbano no Porriño. REMITIDA | | | |
Xa está todo preparado para o 'Campamento Urbano 2008' que se celebrará no Porriño os vindeiros 30 de xuño, 1, 2, 3 e 4 de xullo, dentro das actividades de lecer e tempo libre para a xuventude que o concello porriñés está a organizar este verán, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Os lugares onde terá lugar o campamento son o Centro Cultural Alba, na parroquia de Torneiros, o Centro Cultural A Forna, en Budiño, e o Centro Cultural Municipal do Porriño. Entre as actividades que realizarán os participantes durante os cinco días que dura o campamento se atopan os xogos de presentación, obradoiro ambiental, feirón dos sentidos ou un maratón de xogos tradicionais, entre outros.
Están convidados/as a participar nos campamentos todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 13 anos. Estes campamentos son de balde, aínda que as persoas interesadas teñen que anotarse nos Centros Culturais das parroquias de Torneiros e Budiño, e no Centro Cultural do Porriño até o 24 de xuño ás 14.00 horas.
Para máis información poden chamar ao telefone 986 337 624 ou achegarse a OMIX, no primeiro andar do Centro Cultural Municipal do Porriño. |