|  | | | | | A reunión cos veciños de Budiño. REMITIDA. | | | |
O Concello do Porriño informa, a través da súa Concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pero Pereira, da reunión mantida polo concelleiro con veciños e veciñas de Budiño, para solicitar o permiso de autorizacón de paso para a instalación dos colectores que conforman o sexto ramal programado para a parroquia de Budiño. Este ramal afecta aos barrios de Vitureira, Carreiras, O Eido Vello chegando até a Poza do Camiño.
O prazo de execución deste ramal será de dous meses desde o inicio das obras. Actualmente, estan xa executados os ramais 1 e 2, atopándose en fase de execucución o ramal 5.
As obras de saneamento da parroquia de Budiño, financiadas na súa integridade pola Consellaría de Medio Ambiente a través de Augas de Galicia, están orzamentadas en 285.916,37 euros. As xestións que permitirán construir os colectores centrais de Budiño, comezaron no ano 2005, cando a Concellaría de Vías e Obras dirixida por Pedro Pereira propuxo á Alcaldía a necesidade de solicitar a Augas de Galicia financiación para os proxectos de saneamento das parroquias de -Atios e Budiño.
É clara a incedencia positiva desde o punto de vista sanitario e ambiental que producirá a instalación de colectores de saneamento nas vidas dos habitantes deste núcleo rural de Budiño, quenes poderán conectar directamente as augas fecais aos mesmos, para a súa posterior depuración a través dos colectores e do sistema de depuración que leva a cabo a Confederación Hidrográfica do Norte dentro das obras de saneamento integral da Conca do río Louro.
Recentemente, o Concello do Porriño fixo unha proposta a Augas de Galicia para a cosntrucción dun colector pola beira do Río Tinto, desde O Cerquido até Sanguío. Este colector daría servizo a parte dos barrios de Chan e Casal, así como aos barrios de Trapa, Mosteiro y Sangrio. |