Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)

Deu comezo no Porriño a Semana Internacional de Títeres para Escolares

por Vm - 02/06/2008
Os espectáculos celébranse no Centro Cultural Municipal en horario de mañá. REMITIDA

Escolares do Porriño poderán desfrutar esta semana no Centro Cultural Municipal dos espectáculos de tres das compañías que veñen de actuar no 9º Festival Internacional de Títeres de Redondela. Nesta edición visitarán O Porriño tres compañías de diferentes paises, Fernán Cardama (Arxentina), Compañía Vita Marcik (República Checa), e Compañía Ocelot Teatro (O Salvador).

Hoxe iniciou a Semana Internacional de Títeres para Escolares Fernando Cardama, cun espectáculo contado con zapatos onde se suceden pequenos relatos e unha versión de Carrapuchiña Vermella. Foi un espectáculo de obxectos orientado a nenos e nenas de 6 a 8 anos.

Mañá actuación de Vita Marcik

Mañá Martes chega a O Porriño Vita Marcik, co seu espectáculo Branca de Neves. Esta representación de títeres desenvólvese nunha carruaxe teatral que durante a actuación convírtese nunha cámara real, nun bosque profundo e escuro e finalmante nunha choza con sete leitos pequechos, unha mesa e un banco para os sete ananos. A popular historia acompáñase de cancións nas que participarán as/os escolares asistentes.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com