Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Porriño (O)

Mario Iglesias preestrea a longametraxe 'Cartas italianas' no Festival de Cans

por Vm - 21/05/2008

O cineasta galego Mario Iglesias, curtido no mundo da curtametraxe, regresa ao Festival de Cans, no Porriño (Pontevedra) para presentar a súa última longametraxe, 'Cartas italianas', que se poderá ver no Círculo Recreativo Cultural do Porriño mañá xoves ás 21 horas.

Iglesias presentou hoxe o filme, acompañado por dous actores, Jacobo Rey e Atilano Franco, así como da presidenta do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, María José Giráldez, e o director do Festival, Alfonso Pato.

Mario Iglesias afirmou que en Cans séntese en familia, e que "é un momento emocionante e unha maneira moi bonita para comezar". Ademais falou da súa longametraxe, que cualifica de "unha aposta cun cine propio, con proxección pública e voz propia".

Na súa terceira longametraxe, o director volve combinar actores profesionais e non profesionais para acadar unha "maior espontaneidade".

O filme conta o encontro entre dous mundos opostos: por unha banda, o mundo de Eloísa, fotógrafa italiana que, dende ben nova, viaxa polo mundo, e que pola súa profesión, recala na Palma; e por outro lado, o mundo de Atilano, un camelo galego que vai parar á illa coa intención de abrir mercado para a cocaína. O filme foi rodado en Boiro e en Canarias en galego, castelán e italiano.

A preestrea de 'Cartas Italianas' no Festival de Cans, "vén a subliñar a vontade de proxectar cine, haxa ou non salas", subliñou o director do festival

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en O Porriño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 132 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com