Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

A Oficina de Turismo de Ponteareas recibe o certificado e placa de calidade turística outorgado por Turismo Rías Baixas

por Vm - 20/07/2008
Raquel Bautista dixo que este distintivo 'vainos posibilitar iniciar os procesos que permitan pensar na consecución da Q de calidade'. REMITIDA.

A concelleira de Turismo do concello de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya, recolleu en días pasados o certificado e a placa que acreditan á Oficina de Turismo de Ponteareas estar en posesión da certificación do Sistema de Calidade Turística en Destino, outorgado polo Padroado de Turismo Rías Baixas, a aqueles establecementos que cumpran os requisitos de calidade esixidos no Manual de Boas Prácticas Turísticas. Do total de 81 establecementos da provincia de Pontevedra merecedores deste certificado, tan só oito corresponden a outras tantas Oficina de Turismo entre as que se atopa a de Ponteareas.

Segundo a concelleira de Turismo, a concesión deste certificado por parte de Turismo Rías Baixas, non é outra cousa que o recoñecemento ao "esforzo dun equipo que traballou durante moitos meses, para conseguir implantar, na Oficina de Turismo de Ponteareas, un método de traballo que culminou coa obtención deste distintivo de calidade".

Este traballo realizado, "así como os que en adiante se desenvolvan dende a Concellería de Turismo do Concello de Ponteareas", explicou Raquel Bautista, "vainos posibilitar iniciar os procesos que permitan pensar na consecución da Q de calidade, co que a Oficina de Turismo de Ponteareas situaríase á cabeza das organizacións en materia de Calidade Turística, moitas delas máis fortes, no que fai referencia á importancia como Destino Turístico".

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com