|
O Concello de Ponteareas recibiu oito áreas de ocio –a maior parte infantís- repartidas por distintos puntos do municipio e executadas pola Deputación Provincial de Pontevedra a finais do ano 2007.
Trátase de cinco áreas infantís para menores de cinco anos, emprazadas na Gardería municipal (detrás do Concello), no Parque da Concordia, na Escola do Coto (Padróns), en Fozara e en Cristiñade. Ademais, recibiu dúas áreas infantís de tipo grande na Praza da Música e no Conservatorio Municipal, e un área para a práctica deportiva tamén no Conservatorio de Música.
Estas instalacións foron entregadas ao Concello polo organismo provincial, que as construíu e instalou a finais do 2007 a través dun convenio entre Deputación e Concello.
Máis zonas de ocio
O Concello de Ponteareas reforzará coa instalacións de dúas áreas infantís máis de tipo grande –para nenos entre 3 e 14 anos- no casco urbano a oferta deste tipo de instalacións no municipio. A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas ten previsto emprazar tamén noutras parroquias máis zonas de ocio coma estas.
. |