Aqui te ven
Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Adenco denuncia o estado de abandono e as graves agresións ao Castro de Troña de Ponteareas

por VM - 15/06/2008
Adenco denuncia que dende hai uns días que unha empresa privada procedeu á tala masiva de arborado, 200 metros dende a parte externa do poboado castrexo. REMITIDA.

O Grupo Ecoloxista Adenco denuncia que dende hai uns días que unha empresa privada procedeu á tala masiva de arborado na franxa que a lexislación actualmente en vigor protexe, 200 metros dende a parte externa do poboado castrexo, distancia fixada como medida de cautela arqueolóxica. Ademais, esta corta foi acompañada dun movemento de terras e unha alteración radical da paisaxe e dos restos arqueolóxicos posiblemente irreversible.

De acordo coa nota de prensa enviada por Adenco, están aínda sendo avaliados polos técnicos da consellería de Cultura os danos que poida ter sufrido o Castro de Troña, "pero á vista do estado actual da zona afectada é moi posible que se teñan producido alteracións de importancia".

Adenco puxo en coñecemento da dirección xeral de Patrimonio, dependente da consellaría de Cultura, a situación para que se personaran no xacemento e valorasen o alcance do impacto. Así, os pasados días tres técnicos-arqueólogos da consellaría visitaron e inspeccionaron o lugar "e agora estamos á espera do seu informe de avaliación".

Asi mesmo Adenco tamén interpuxo a correspondente denuncia perante a Policía Autonómica, encargada deste tipo de infraccións patrimoniais e unha patrulla deste corpo tamén se personou no castro para facer a súa correspondente valoración e procurar a identificación dos responsables.

O Castro de Troña

O Castro de Troña é un dos emprazamentos castrexos máis importantes e simbólicos de Galiza e o norte de Portugal, xa escavado nos derradeiros anos 20 do século XX por Pericot e Cuevillas, recuperou o interese cando nos anos 80 e parte dos 90 foi de novo investigado e traballado nunha época de "esplendor".

Segundo Adenco, hai anos que o Castro de Troña se atopa nun estado de abandono "case absoluto por parte do concello de Ponteareas", propietario da parcela na que se atopa, e a matogueira inza todas as estructuras de habitación e as magníficas murallas que circundan o seu perímetro.

Por iso, os moitos visitantes que chegan a Troña son recibidos polas acacias, fentos e toxos que o cobren todo sen deixar percibir nada do que debaixo agochan. Ademais, un pequeno habitáculo pretende servir de recepción, sen bombillas, cuns paneis solares desaparecidos hai tres anos que seguen sen se repoñer, sen información…

De ahí que "instamos ao alcalde de Ponteareas e ao concelleiro de Cultura a que lideren unha campaña de recuperación e estímulo do valor patrimonial máis atractivo do municipio", porque o deber legal, ético e político das autoridades municipais "é velar pola salvagarda e integridade dun ben colectivo, así como estimular a conservación e a divulgación dunha parte fundamental da identidade colectiva dos galegos".

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección de VigoMetropolitano indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen


Acepto que VigoMetropolitano me envíe al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Publicidad
Publicidad
Ponteareas Comercial
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 41 votos
¿Cree justificada la moción de censura del concello de Gondomar para apartar a Araúxo (BNG) del gobierno del municipio?










Publicidad
Onda Cero - balones y fogones
Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios
   
Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com